STARgal Base

Enviado por administrador el Mié, 03/05/2017 - 01:13

Por segundo ano consecutivo, o IESP A Cachada organiza unha competición de videoxogos online co gallo das Letras Galegas.

Durante a mañá do martes 16 de maio estarán pendurados na páxina STARgal os catro videoxogos que por categoría serán obxecto de concurso. Un será un Pasapalabra, outro versará sobre a vida e obra de Carlos Casares, e dous máis serán probas de habilidade.

Este ano temos premios para dúas categorías:

  • STARgal Base, para centros de Primaria ata 1º ESO (incluído)
  • STARgal Avanzado, para alumnado de 2º, 3º e 4º ESO

Para concursar cómpre inscribirse na páxina do proxecto.

Toda a información en http://stargal.iespacachada.org/