Xornada de portas abertas á cidadanía nos centros singulares da USC

Enviado por administrador el Mar, 28/11/2017 - 20:11

CiQUS, CiMUS e CiTIUS celebran este sábado 2 de decembro unha xornada divulgativa para comunicar o seu traballo científico á poboación

Galicia ten sobrados e recoñecidos exemplos de excelencia científica, pero non sempre son coñecidos pola cidadanía. Para intentar achegar a súa actividade diaria á poboación, os tres centros singulares do Campus Vida da USC (CiQUS, CiTIUS e CiMUS) celebran este sábado 2 de decembro unha xornada de portas abertas á cidadanía galega.

O obxectivo da actividade é amosar a calidade dos seus resultados de investigación, no marco dunha xornada na que os visitantes poderán comprobar de primeira man o valor engadido destes tres centros de referencia na mellora da calidade de vida dos cidadáns.

No programa de actividades deste sábado figuran demostracións con drones, robots ou lentes 3D, obradoiros de experimentos de química e biomedicina, circuítos de xeración de enerxía, teatro científico e charlas divulgativas con expertos como Ángel Carracedo, María José Alonso ou Senén Barro, entre outros.

GCIENCIA