A II Feira da Enerxía de Galicia

Enviado por administrador el Dom, 18/03/2018 - 03:11

Un espazo de confluencia de todo o sector que avanza para ser referente internacional.

A II Feira da Enerxía de Galicia dará continuidade a un proxecto que contou con grande acollida na súa primeira convocatoria por ofrecer unha efectiva resposta ao sector.

Farao cunha cita que afondará nas súas claves: a converxencia de empresas, institucións, profesionais e usuarios nun foro con presenza de todos os tipos de enerxía e a mellor formulación posible para a xeración de negocio, a innovación e tamén a divulgación tanto técnica como social.

Entre os seus eixos principais estarán a bioenerxía, o aforro e eficiencia enerxética e os combustibles alternativos para sectores difusos (transporte, gandería, residuos…).

Unha excelente formulación coa que o certame quere posicionarse como referente no suroeste europeo.