A Asamblea de Apetega do pasado 13 de maio, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña. O acordo implica que Apetega terá a sede social na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña.

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - VENRES 13 DE MAIO DE 2016 - 16:30/17:00


Segundo o recollido no artigo 13 dos estatutos de APETEGA  a presidenta anula a convocatoria extraordinaria da ASEMBLEA de socios do 6 de maio de 2016 e convoca de novo aos socios a unha xuntanta, que terá lugar o vindeiro día 13 de maio de 2016 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, no salón de actos dos IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa seguinte ORDE DO DÍA:

Etiquetas

O pasado 21 de abril, tivo lugar na DOMUS (A Coruña) a II Edición do Concurso de Segueliñas, no que participaron 13 equipos de estudantes de segundo ciclo da ESO e bacharelato.

O concurso, patrocinado por APETEGA,  puntúa para a Liga Nacional de Robótica de Competición, e encádrase dentro da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem (organizada por BricoLabs e Museos Científicos Coruñeses (=mc2)).

 

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - VENRES 6 DE MAIO DE 2016 - 16:30/17:00 


Convócase a todos os soci@s de APETEGA á asemblea extraordinaria que terá lugar o  venres 6 de maio de 2016, no Salón de actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ás 16:30 en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Propostas e elección da sede social de Apetega.

Etiquetas