Arduino Day 2017

Enviado por administrador on Xov, 03/09/2017 - 17:48

En MakersLugo, outro ano preparando outra xuntanza máis. Xa vamos pola cuarta! Querémonos unir á celebración, a nivel mundial, do Arduino Day. O sábado día 1 de Abril, en Lugo. Libre e aberto a tódolos públicos. Demostracións de proxectos e obradoiros. Vémonos con outros makers. Ensinamos o que facemos…

Este ano que comeza vén cargado de ilusión e novidades para a asociación Makers.Lugo. Unha das novidades deste ano é que abrimos a posibilidade de colaborar económicamente coa asociación.

Logo de 3 anos pola cidade fedellando e creando un sitio onde os makers da redonda se atopen entre sí para compartir proxectos, coñecementos e bos momentes, éste é un paso que nos fai ilusión. O diñeiro das cuotas usarémolo para manternos sostibles e facer as actividades que queremos facer e que poderedes seguir a través do noso blog – ou mellor, compartir connosco se te pasas polo local.