Convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria

Enviado por administrador on Ven, 04/07/2017 - 23:52

Achegamos a convocatoria da Asemblea Xeral Ordinaria, e a documentación relativa a algún dos asuntos a tratar na xuntanza.
Aproveitamos para lembrarvos que para confeccionar o Libro de Socios dixital con datos actualizados precisamos da vosa colaboración cubrindo o formulario online ao que podedes acceder dende a web. Tal como vos indicáramos nun correo anterior, unha vez cuberto o formulario darémosvos de alta na web co rol de socio co que poderedes acceder co usuario e contrasinal a https://apetega.gal/user/login, onde se amosa información só para asociados: documentación da asociación (actas da asemblea e da xunta directiva, estado de contas trimestral, etc) e material dispoñible para empréstito.

Saúdos

Julio Cordeiro

Secretario de Apetega