FIRST LEGO League Galicia

Enviado por administrador on Ven, 02/17/2017 - 19:01

FIRST LEGO League Junior (FLL) presenta un novo e emocionante desafío para fomentar a creatividade dos máis novos. Mentres exploran sobre a problemática real, os equipos aprenden sobre máquinas simples construíndo un modelo de elementos LEGO® cunha parte motorizada. Tamén aprenderán a presentar a información a través dun póster ilustrativo.

Durante esta experiencia, os equipos guiaranse polos valores FLL, celebrando o descubrimento, o traballo en equipo e a cortesía profesional.