Corpo

Os vindeiros 29 e 30 de abril terán lugar no IES de Brión as XVIII Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo na ligazón: programa.pdf

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

Nota: Consulta o programa das xornadas antes de formalizar a túa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)

  • Non socios/as: 60 euros (50% de redución desempregados e estudantes)

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "Asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 15 de abril ao 27 de abril de 2022.

  2. Segundo corresponda, facer o ingreso da cota de inscrición na conta de Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago co formulario de matrícula nas Xornadas.

  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia da aula virtual apetega.gal/aula (todo os socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 09:00 h do 27 de abril de2022.

 

XVIII XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imaxe
XVIII Xornadas de Tecnoloxía
Corpo

Segundo o recollido no artigo 23 dos estatutos de APETEGA, a presidenta convoca aos socios a unha xuntanza extraordinaria da ASEMBLEA que terá lugar o día 12 de novembro de 2021, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, co seguinte formato:

     ● Presencial no salón de actos do IES LUCUS AUGUSTI (avda Rodríguez Mourelo s/n, Lugo)

     ● Online* no enlace de Cisco Webex:

https://eduxunta.webex.com/eduxunta/j.php?MTID=md56d4542ae9c5b6fdce392d6c5 c82f16

O R D E  DO  D Í A

ÚNICO.- Informe da directiva sobre a implantación da LOMLOE a nivel estatal e galego: borradores dos decretos de implantación da ESO e bacharelato: materias, carga horaria, adxudicación de materias por especialidades e currículos. Toma de posición sobre as posibles accións que exercerá a asociación en relación a estes temas.

Convocatoria

Asemblea extraordinaria dos socios da APETEGA

Imaxe
Asemblea APETEGA
Corpo

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade da Coruña (UDC), Universidade de Santiago (USC) e Universidade de Vigo (UVigo)– organizan a Olimpíada Informática Galega 2022 (OIG 2022).  

Os participantes na Olimpíada Informática Galega deben resolver unha serie de problemas mediante unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permítese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas da olimpíada soen centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.  

A Olimpíada Informática Galega 2022 desenvolverase o 4 de febreiro de 2022 de xeito presencial, sempre que a situación sanitaria o permita, e de maneira simultánea en tres sedes: A Coruña, Santiago e Ourense (Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC e Escola Superior de Enxeñaría Informática da UVigo). 
 
A inscrición a cada unha das sedes aínda non está aberta, pero si está aberta unha pre-inscrición que dará preferencia para a elección de sede na inscrición final, ademais do dereito a asistir de forma gratuíta a uns adestramentos en colaboración coa academia Leagues of Codes. Estes adestramentos comezan mañá sábado, 16 de outubro, cunha proba de nivel que se poderá realizar durante toda a vindeira semana, e permitirá asignar axeitadamente a cada estudante ao grupo que mellor se axuste aos seus coñecementos en programación para as seguintes clases, permitindo incluso que poidan asistir estudantes sen coñecementos previos de programación.
 
Este concurso de programación está orientado a estudantes de ensinanza secundaria, bacharelato e grao medio (ou equivalente). Permitirá seleccionar a dous representantes galegos para que participen na Olimpíada Informática Española, que se celebrará en abril de 2022. De aí, os gañadores poderán acceder á Olimpíada Informática Internacional, que se celebrará en agosto de 2022 en Indonesia. 

Máis información: https://oig.gal/. Contacto: informacion@oig.gal
 

Olimpíada Informática Galega

Imaxe
olimpiada
Corpo

Por séptimo ano consecutivo, Makers Lugo organiza o Arduino Day Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 28 de Marzo no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. 

Arduino Day Lugo 2020

Imaxe
arduino
Corpo

Galiciencia é a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato; e que permanece aberto ao público xeral. O obxectivo principal da Galiciencia é servir de punto de encontro para rapaces e rapazas de todas as idades con ideas innovadoras e con ganas de mostralas ao público nos stands que a Tecnópole pon á súa disposición durante tres días no mes de maio. Tanto eles como os visitantes teñen ocasión de participar tamén en charlas, talleres, concursos e moitas outras actividades paralelas que se renovan en cada edición.

Galiciencia 2020

Imaxe
galiciencia
Corpo

El objetivo principal del concurso #ApuntasTech? es generar un catálogo de propuestas concretas que ayuden a despertar entusiasmo por la tecnología y alienten las vocaciones tecnológicas tempranas, principalmente entre las niñas entre 10 a 15 años (5º y 6º de E.Primaria y 1º y 2º de la ESO). Por tanto #ApuntasTech? trata de escuchar y recoger las ideas de las y los protagonistas para disfrutar las TIC en el aula de forma transversal, variada e inclusiva. Se buscan propuestas divertidas, apasionantes, innovadoras, que hagan uso de las TIC de forma creativa y transversal, tanto con software como hardware, donde el uso de la tecnología no sea únicamente su objetivo final, sino un medio y sea posibles llevarlas a cabo en el contexto escolar (en tiempo, presupuesto…)

Ese catálogo de ideas será un recurso de gran utilidad para poder trabajar las tecnologías de forma amena, principalmente en el aula, pero también fuera de ella, en actividades extraescolares, en familia, etc. Posteriormente, se realizará una recopilación de las mejores propuestas y se publicará con licencia abierta para su descarga en la web del concurso, así como en diferentes repositorios de materiales educativos online.

CONCURSO #APUNTASTECH?

Imaxe
Tech
Corpo

AprendeProgramando é un proxecto educativo desenvolto pola Asociación Programo Ergo Sum destinado a calquera persoa que queira penetrarse no mundo da programación informática dunha forma diferente. Consiste nun asistente guiado para aprender a programar en diferentes linguaxes de programación Blockly, Python ou JavaScript, ao mesmo tempo que se propoñen retos de matemáticas, física e tecnoloxía.

AprendeProgramando

Imaxe
Aprende programando
Corpo

Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.

Arduino Day Lugo 2019

Imaxe
makers
Corpo

I Congreso Nacional de Tecnoloxía (8 e 9 de febreiro de 2019, Málaga)

A Plataforma Estatal de Asociacións do Profesorado de Tecnoloxía ( PEAPT), a Escola de Enxeñerías Industriais e o CEP de Málaga, organizan o 1 er Congreso Nacional de Tecnoloxía, dirixido ao profesorado de Tecnoloxía de todo o Estado.

O Congreso terá lugar os próximos 8 e 9 de Febreiro de 2019 en Málaga

I Congreso Nacional de Tecnoloxía

Imaxe
congreso
Corpo

Segundo o recollido no artigo 23 dos estatutos de APETEGA, a presidenta convoca ós socios a unha xuntanza ordinaria da ASEMBLEA que terá lugar o vindeiro día 18 de XANEIRO de 2019, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, no IES Arcebispo Xelmirez I (Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela) no campus sur.

Convocatoria

 

ASEMBLEA DA APETEGA

Imaxe
logo apetega