O pasado 21 de abril, tivo lugar na DOMUS (A Coruña) a II Edición do Concurso de Segueliñas, no que participaron 13 equipos de estudantes de segundo ciclo da ESO e bacharelato.

O concurso, patrocinado por APETEGA,  puntúa para a Liga Nacional de Robótica de Competición, e encádrase dentro da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem (organizada por BricoLabs e Museos Científicos Coruñeses (=mc2)).