Aviso legal, política de privacidade e termos de uso

APETEGA dálle a benvida a súa páxina web, e invítao a ler as condicións e termos que regulan o acceso e uso de "www.apetega.gal", de conformidade co establecido na lexislación española.
Antes de visitar este sitio web ou empregar os seus servizos e aplicacións, vostede deberá ler e aceptar de forma expresa as condicións de uso deste portal, así como respetar a política de privacidade e de protección de datos establecida. 

APETEGA  resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións nas que presta este servizo; é por tanto responsabilidade de cada usuario a atenta lectura deste documento cada vez que acceda ao sitio web, polo que de non estar de acordo con calquera parte do mesmo, deberá abandonar www.apetega.gal ou, se é un usuario rexistrado, solicitar a baixa a través deste formulario

Co ánimo de que o uso deste portal se axuste a criterios de transparencia, APETEGA informa aos usuarios que poden enviar calquera suxestión, dúbida ou consulta sobre este documento ou sobre o funcionamento da web a través deste formulario de contacto.

1.- Titularidade do sitio web

Este sitio web pertence á Asociación de profesorado de Tecnoloxía de Galicia( en adiante “APETEGA”), con domicilio en Apto. Correos 142, 15702 Santiago de Compostela ( A Coruña) e C.I.F: G-36845741.

 

2.- Condicións e termos de uso

  • Contidos da plataforma

       O fin deste espazo web é proporcionar de maneira gratuita, información ao público en xeral sobre tecnoloxía e tecnoloxía de información e comunicación; terán relevancia as publicacións relacionadas con eventos, aínda que non estean organizados por Apetega, que teñan lugar en Galicia.

        Os contidos deste sitio web proceden tanto dos editores de APETEGA como de terceiros, ofrécense sen ánimo de lucro e non constitúen en si mesmos ningunha prestación de servizos, polo que APETEGA non se fai responsable das actuacións que pode tomar un usuario en base aos contidos expostos sen o asesoramento dun profesional.

       APETEGA non garante a inexistencia de erros nos seus contidos ou na actualización dos mesmos. Aínda así, invertiremos moito tempo e esforzo para evitalos e resolvelos no menor tempo posible.

      Os logotipos, a imaxe da cabeceira e o deseño gráfico do sitio web, son propiedade exclusiva de APETEGA e están protexidos pola lexislación relativa a propiedade intelectual e industrial.       

          A publicación no apartado " Foro" está restrinxida a socios debidamente rexistrados;

        A xestión de calquera contido da web está reservada ao administrador e aos usuarios rexistrados co rol de " editor". As condicións para adquirir ese rol son:

  1. Ser socio e estar rexistrado na web apetega.gal.
  2. Ter demostrado certo nivel de coñecemento en canto a difusión de contidos relacionados coa tecnoloxía.

 En ningunha zona do espazo web, tanto pública como restrinxida se realizarán contribucións que :

  • Conteñan material que sexa difamatorio cara terceiros ou de carácter obsceno, ofensivo, odioso ou provocativo.
  • Inciten á violencia, discriminación baseada na raza, sexo, relixión, nacionalidade, incapacidade, orientación sexual.
  • Vulneren os dereitos de autor, dereitos sobre bases datos ou marcas.
  • Inducir ao engano.
  • Supoña un incumprimento dunha obriga legal contraída cun terceiro como, por exemplo, unha obriga contractual ou de confidencialidade.
  • Incitar, promover ou contribuir á realización dunha actividade ilícita.
  • Supoñer unha ameaza, abuso o intromisión na intimidade doutra persoa.
  • Ser usadas para suplantar a outras persoas ou representar falsamente  a súa identidade ou vínculos con terceiros.
  • Dar a impresión de que proveñen de APETEGA cuando non fose previamente acordado coa xunta directiva.

      APETEGA resérvase o dereito a denunciar e a investigar calquera das condutas mencionadas así como colaborar coas autoridades nas investigacións desas actuacións. O administrador da plataforma resérvase o dereito de desactivar o acceso a calquera contido colectivo ou revisar e editar o "contido de usuario", en calquera momento e sen preaviso,  se considera que pode danar o sitio web ou violar os termos aquí recollidos, ou atendendo a requirimentos, ben de tipo administrativo ou xudicial ou do presidente da asociación.

 

3.- Seguridade e acceso: rexistro dos usuarios 

     A visita á maior parte dos contidos do sitio web é libre e non require un sistema de rexistro dos usuarios. Nembargantes, existen espazos da web, cuxo uso está reservado a socios/as de Apetega, que deberán de autorrexistrarse no sitio web para:

  1. Pertencer ao Libro de Socios dixital da asociación.
  2. Publicar no menú " Foros".
  3. Acceder aos contidos dos menús " Documentos" e " Materiais".
  4. Xestionar calquera dos contidos do sitio web, segundo o establecido no parágrafo anterior.

O uso das zonas de acceso restrinxido será persoal e intransferible, de modo que o usuario asume toda a responsabilidade polas consecuencias que se deriven da súa divulgación a terceiros.

Con carácter xeral, as condicións para o rexistro ou o acceso e uso dos servizos que se ofrecen en www.apetega.gal  son as seguintes:

 
 
  • Ser socio/a maior de 13 anos. 
  • Cubrir os datos requeridos neste formulario.  Preferentemente establecerase  "usuario", o mesmo que na aula virtual: o seu DNI (coa letra minúscula e sen guión)

  •  Aceptar este aviso legal, as condicións de uso e a política de privacidade. 

A cada usuario - socio rexistrado, asignaráselle un ou varios dos seguintes roles: editor e socio/a,en función do uso que fará da plataforma e dos seus recursos. 

A designación, cese e control das actividades dos roles, aparece reflectida na seguinte táboa: 
   

 
       
rol  asignado por  duración  ten acceso a 
  editor/a       

administrador 

temporal  

 

Usando o usuario e contrasinal pode:

  • Editar o seu propio perfil.
  • Ver e xestionar todos os contidos e informes da web, excepto os datos recollidos Libro de Socios (menú "Socios"), baixo as normas establecidas.
socio/a  tesoreiro/a 
APETEGA *
 
temporal 

 

Usando o usuario e contrasinal pode:

  • Editar o seu propio perfil.
  • Ver todos os contidos da web, excepto os datos recollidos Libro de Socios (menú Socios).
 administrador APETEGA*  temporal 

 

Usando o usuario e contrasinal pode:

  • Xestionar contido, estrutura, apariencia, configuración, roles, permisos, informes, usuarios do sitio web, incluído o Libro de Socios

* Orde ao administrador para a asignación ou baixa deses roles.

APETEGA resérvase o dereito de bloquear temporal ou definitivamente o acceso a calquera usuario rexistrado, sen necesidade de aviso previo, se considera que o comportamento destes usuarios é incompatible con estas normas e co bo funcionamento da plataforma ou se detecta que a información subministrada para o rexistro non é exacta ou veraz. Tamén se aplicará o anterior no caso de que o usuario-socio teña contas pendentes coa asociación.

Os rol de administrador, será desactivado a petición propia do usuario que o ostente. Tamén pode perder esta condición cando a directiva de APETEGA considere que a achega deste usuarios á plataforma está paralizada ou rematada; neste último caso é necesario o aviso previo.

O usuario comprométese a non ceder o contrasinal a terceiros, de maneira temporal ou permanente, nin a permitir o acceso aos contidos a persoas alleas. Calquera feito que puidese dar lugar a un uso indebido do contrasinal (roubo, extravío, etc.) será comunicado a APETEGA co fin de cancelar a conta do usuario. 
 

Dereitos de imaxe

Desde o sitio, o usuario rexistrado poderá inserir unha imaxe no seu perfil. Polo tanto, o usuario cédea sen carácter exclusivo e a nivel mundial a APETEGA, que acepta o dereito a utilizar esa imaxe para a publicación na plataforma, sen dereito a remuneración. Queda excluído o uso e a explotación da imaxe dos usuarios para fins diferentes aos establecidos

3.- Privacidade

O usuario garante a veracidade e autenticidade da información e os datos persoais que comunica a APETEGA para a utilización da aplicación. 

O usuario responsabilízase da actualización da información subministrada a través da modificación do seu perfil, quedando prohibida a utilización de identidades falsas ou a suplantación, de calquera maneira, da identidade de terceiros (incluíndo o uso dos seus datos, contrasinais, etc.).

No caso de perda do contrasinal ou acceso indebido á aplicación por parte dun terceiro, o usuario afectado debe comunicalo a contacto@apetega.gal, quedando APETEGA libre de calquera responsabilidade que puidera derivarse do uso indebido dos datos ata o momento da comunicación.

Segundo o recollido no artigo 12 da LOPD, será responsabilidade exclusiva de cada usuario obter os permisos necesarios para incorporar datos de terceiros na aplicación.

Política de Cookies

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o este sitio web, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola asociación, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o sitio web. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

 

4.- Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido pola Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado, formarán parte dun arquivo -aloxado na propia plataforma- do que é responsable APETEGA e que está inscrito na Axencia Española de Protección de Datos co nome de  "usuarios de apetega.gal" e código 2162500802. APETEGA comprométese utilizar eses datos, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate, é dicir, o rexistro de usuarios da páxina e no caso dos asociacidos a elaboración dun Libro de Socios. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado, ou nos supostos previstos nos artigos 6.2 e 11.2 da Lei 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

En cumprimento do disposto na citada Lei Orgánica 15/1999, o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición empregando o formulario de contacto deste sitio web ou por correo postal no enderezo indicado no apartado “Titularidade do sitio web”.

Se por calquera motivo un socio perde tal condición, APETEGA anotará data de baixa no seu perfil e desactivará ese rol, eliminando os datos persoais que non sexan necesarios para o Libro de Socios.