A asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) cumpre 20 anos traballando pola defensa da Tecnoloxía e pola formación do profesorado. Neste tempo organizou xornadas para actualizar ós docentes nos novos contidos e tamén loitou pola presenza da Tecnoloxía nas distintas reformas educativas. Actualmente conta 170 socios que disfrutan dunha rolda de correo para resolver dudas e unha páxina (apetega.gal) na que se colocan todas as novas que teñan que ver coa Tecnoloxía.Nesta sito tamén se pode acceder á aula virtual para acadar formación e documentación relativa a nosa asignatura.

Dende a asociación queremos agradecer a todos aqueles que colaboraron coa APETEGA, convidar ao profesorado a formar parte da mesma e a participar nas XVII Xornadas de Tecnoloxía que este ano van ser en Santiago de Compostela os días 13 e 14 de abril.

Cartaz dos 20 anos.

20 aniversario