Body

Cartel

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar da I XORNADA MONOGRÁFICA DE AUDIOVISUAIS a celebrar no IES de Oroso o 9 de Novembro de 2024. 

A Xornada está prehomologada pola Consellería por un total de 8 horas de formación. Para a xornada é necesario traer un portátil.

Inscrición para os SOCIOS:

  • Cubrir formulario dentro da Aula Virtual, no curso creado para o monográfico.
  • Prazo: dende 22 de Outubro ás 00:00 ata o 3 de Novembro ás 23:59 h

Inscrición para os NON SOCIOS:

 

IMPORTANTE

  • Número de prazas: 40
  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
  • Esta actividade é gratuíta para os SOCIOS de APETEGA.
  • Para os NON SOCIOS a cota de inscrición é de 30 , polo que deberán facer o ingreso na conta de APETEGA unha vez reciban confirmación por mail de que están admitidos.

 

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com


Programa

 

Información complementaria:

1.- Localización do IES de Oroso:

Rúa da Tosca, 15888 Sigüeiro, A Coruña.

IES de Oroso

VII Xornadas Monográficas APETEGA. Audiovisuais

Imagen
Audiovisuais
Body

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XX XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES de A Illa de Arousa o 12 e 13 de Abril de 2024. 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XX XORNADAS

Prazo de inscrición: ata o 3 de Abril ás 22.00 h

 

 

OBXECTIVOS

  • Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía. 
  • Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IOT, etc. 
  • Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público. 

CONTIDOS

  • Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área.
  • IA, cortadora láser, textil, IoT, ciberseguridade, audiovisual, python, MQTT, nodeRED...
  • mbot2, ESP32, Raspberry, Chroma, máquina de coser, microbit, narrativa audiovisual, arquitectura bioclimática...

METODOLOXÍA

  • Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos. 

IMPORTANTE

  • Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc. 
  • Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas. 
  • Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización. 
  • Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas ( https://www.apetega.gal/gl/novas/2024/xx-xornadas-de-tecnoloxía).
  • O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.

  • Número de prazas: 120
  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
  • Prazo de inscrición: dende o 11 marzo ás 20:00 h ata o 24 de marzo ás 22:00 h.
  • Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
  • Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
  • Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

programa xx xornadas revisado

 

XX XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imagen
cartel
Body

XIX XORNADAS DE TECNOLOXÍA

xornadas

Cartaz en pdf

ATENCIÓN: xa pechou o prazo para inscribirse nas XIX Xornadas. Se tes interés en asistir podes poñerte en contacto con nós no mail contacto@apetega.gal

Os vindeiros 5 e 6 de Maio terán lugar no IES Valadares de Vigo as XIX Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí: programa.pdf (pendente de distribuir obradoiros)

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)

  • Non socios/as: 60 euros (50% de redución desempregados e estudantes)

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "Asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 11 de abril ao 21 de abril de 2023 (o formulario está pechado por que rematou o prazo).

  2. Se asistes á comida do sábado facer o ingreso de 25€ na conta de Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante a asociacionapetega@gmail.com

  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XIX Xornadas de Tecnoloxía de Galicia da aula virtual apetega.gal/aula (todo os socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 09:00 h do 29 de Abril de 2023.

 

Outras actividades ao redor das XIX Xornadas:

  1. Venres: visita guiada á zona Franca de Vigo (Guixar). Quedada ás 09:30 en A Laxe (a carón da estación marítima)  para coller o bus. Custe gratuíto para inscritos nas xornadas (apuntarse no formulario das Xornadas).

  2. Saída en barco Ocean Secrets co dron de visión submarina Nemo, dende 12:00 ata ás 13.30 na estación marítima. Custe gratuíto para inscritos nas xornadas (apuntarse no formulario das Xornadas).

  3. . Sábado 6 de Maio: 13:00h a 14:30h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA) no IES Valadares.

Información complementaria:

1.- Localización e contacto co instituto:

O IES deValadares Estrada de Clara Campoamor, s/n, 36315 Valadares, Pontevedra. Teléfono: 886 11 10 60 Localización

2.- Comidas

Nota:

  • para o xantar do sábado hai que facer a reserva ingresando o importe de 25€ na conta da APETEGA (Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329) e indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 25 de abril.

  • despois de facer o pago hai que achegar o xustificante de ingreso mandando un mail a asociacionapetega@gmail.com

 

Xantar, venres 5 Maio 14.30 (40 prazas):

Restaurante Celme galego. Menú do día: por decidir. Prezo: 10,90€. Aboase ao remate da comida.

Xantar, sábado 6 de Maio (60 prazas):

Restaurante Celme galego. Menú (sen confirmar). Prezo: 25€

Tamén haberá unha cea en Bouzas o venres, na tapería Habemus Tapas, a partir das 22:00 h. O importe da cea aboase ao rematar a mesma.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

XIX XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imagen
carabot
Body

Os vindeiros 29 e 30 de Setembro APETEGA organiza as VI XORNADAS MONOGRÁFICAS, nesta ocasión sobre  INTELIXENCIA ARTIFICIAL, en Santiago de Compostela. A Xornada están prehomologadas pola Consellería por un total de 12 horas de formación. Para a xornada do sábado é recomendable traer un portátil (con navegador actualizado).

As actividades previstas son:

Venres 29: CITIUS (USC - campus sur, preto da facultade de Matemáticas)

16:00 - 16.30: recepción dos participantes.

16:30 - 20:00: visita guiada e comentada polo CITIUS a cargo dos investigadores da USC en IA. Exposición de diversos proxectos con IA en desenvolvemento (coma por exemplo o de NÖS) e distintas técnicas e algoritmos da IA actual.

21:00: cea informal por confirmar preto do Campus Sur (custe estimado: 15€)

 

Sábado 30: GaiásTech (Gaiás - Cidade da Cultura)

10:00 - 11.30: Obradoiro práctico con Raspberry, material de IOT dos polo creativos e uso da IA a cargo de Rubén Beiroa, colaborador do GaiásTech e participante habitual nos obradoiros de APETEGA.

11:30 - 12:00: Café (incluído no prezo da comida)

12:00 - 14:00: Charla e obradoiro do uso da IA na educación secundaria a cargo de Juán David Rodríguez (autor dunha das web de referencia sobre IA en educación: web.learningml.org/).

14:00 - 16:00: Comida de cátering no Gaiás (custe estimado: 25€, incluíndo café da mañá)

Conta da APETEGA (Caixa Rural nº ES14 3070 0021 7561 9418 8329), indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 26 de setembro

16:00 - 17:30: Mesa redonda "Uso ético da IA". Poñentes pendentes de confirmar.

17:30 - 19:00: Charla e análise do currículo da nova materia de IA para Secundaria, a cargo de Francisco Bellas (profesor de Universidade e autor do currículo da materia).

19:00 - 20:00: comunicacións didácticas de materiais e actividades relacionados coa IA utilizado por profesorado de APETEGA en cursos anteriores. Quen queira participar pode poñerse en contacto coa directiva e indicalo ao matricularse.

Prazo de matriculación nas Xornadas: do 17 de setembro, ás 10:00, ao 25 de setembro ás 22:00, na aula virtual de APETEGA.

 

VI Xornadas Monográficas APETEGA. Intelixencia Artificial

Imagen
ia
Body

ESCRITO PARA A CIUG e para as escolas universitarias que ofrecen estudos de grao da rama de Enxeñaría e Arquitectura

Desacordo do profesorado de Tecnoloxía coa ponderación da materia Tecnoloxía e Enxeñaría

Desde APETEGA (asociación do profesorado de Tecnoloxía de Galicia), en representación do profesorado asociado, os profesores e profesoras que imparten a materia de modalidade “Tecnoloxía e Enxeñaría” (herdeira da anterior materia de bacharelato “Tecnoloxía Industrial”) queremos manifestar o noso profundo desacordo coa proposta transmitida pola CIUG por vía telemática o luns 15 de Maio sobre a ponderación futura da mesma para os exames da ABAU, e que consiste basicamente en que a materia ponderará só un 0,1 para todas as carreiras da rama de enxeñaría e arquitectura.

A proposta de homoxeneizar a nivel estatal pode considerarse como positiva, pero no que respecta á nosa materia é un sinsentido polas razóns expostas a continuación:

  • Que a materia sexa denominada “Tecnoloxía e Enxeñaría” por parte da LOMLOE explicita claramente a súa conexión e o seu papel orientador cara aos estudos de enxeñaría. Que a propia modalidade do bacharelato se denomine “Ciencias e Tecnoloxía” tamén representa a importancia do papel das materias de Tecnoloxía nesta modalidade. Se introduce, ademais, a competencia STEM (competencia matemática e competencia en ciencia, tecnoloxía e enxeñaría) que “entraña a comprensión do mundo utilizando os métodos científicos, o pensamento e representación matemáticos, a tecnoloxía e os métodos da enxeñaría para transformar a contorna de forma comprometida, responsable e sustentable”. A CIUG, co beneplácito das escolas de enxeñaría, dá as costas a estos positivos cambios na LOMLOE que melloran a preparación do alumnado para os estudos posteriores relacionados coa actividade tecnolóxica e a enxeñaría.

  • Un breve vistazo ás competencias, criterios de avaliación e saberes básicos da materia debería deixar clara a súa conexión cos estudos universitarios do eido tecnolóxico. En resumo, trabállanse os seguintes bloques de coñecemento en cada un dos cursos do bacharelato: Proxectos de investigación e desenvolvemento, Materiais e fabricación, Sistemas mecánicos, Sistemas eléctricos e electrónicos, Programación, automatización e control e Tecnoloxía sustentable. Resulta incomprensible que as escolas de enxeñaría rexeiten a preparación do alumnado nestes coñecementos e competencias específicas para as carreiras que ofertan.

  • Sen embargo, darase a circunstancia que materias de modalidade que non teñen unha relación tan explícita coas carreiras de enxeñaría e arquitectura terán unha ponderación maior, provocando que na oferta de materias na matrícula do bacharelato, especialmente nos centros pequenos que teñen moi poucas posibilidades de organización, se poñan en segundo plano aquelas materias con baixa ou nula ponderación, e se promocionen aquelas que si contan cun 0,2. Será moi difícil defender un itinerario coa materia de “Tecnoloxía e Enxeñaría” para aquel alumnado que queira estudar enxeñarías se a propia universidade non a valora. O alumnado, ademáis, tenderá a elixir aquelas materias que máis ponderen para poder ter máis opcións de matriculación nas diferentes opcións, desincentivando no alumnado máis motivado nos estudos tecnolóxicos a escolla da materia que máis e mellor formación pode ofrecerlles, Tecnoloxía e Enxeñaría.

  • O profesorado da especialidade de Tecnoloxía leva varias décadas formando aos futuros estudantes de enxeñaría e arquitectura e dos estudos superiores tecnolóxicos de formación profesional, e en moitos centros con metodoloxías propias da Tecnoloxía como o desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos. Tamén se está facendo un gran esforzo na orientación das rapazas cara aos estudos relacionados coa tecnoloxía e intentar así diminuír a brecha de xénero nestas carreiras. De nada van servir todas as iniciativas de promoción e captación de vocacións que se realizan desde as universidades se non contan co traballo que facemos desde os institutos de Educación Secundaria. Ningunha outra especialidade que non sexa Tecnoloxía ten o compromiso orientador cara as enxeñarías que ten o profesorado da nosa especialidade.

Sendo así, solicitamos unha toma de conciencia da importancia da materia de modalidade “Tecnoloxía e Enxeñaría” por parte das facultades e organismos responsables da ABAU e que se modifique a proposta de ponderación, pasando a ser de 0,2 nas carreiras con perfil tecnolóxico, que son todos aqueles graos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

Solicitamos, ademais, que pondere no vindeiro curso 2023-2024, para que todas as materias de modalidade de 2º de Bacharelato conten para o acceso á universidade. Non ten sentido que, sendo materias que a LOMLOE presenta na mesma categoría de materias de modalidade, unhas se contemplen para o acceso á universidade e outras non, provocando unha división entre materias de primeira e materias de segunda e, como explicamos anteriormente, desprezando a importancia e o papel da materia de Tecnoloxía e Enxeñaría no Bacharelato, o cal pode ter consecuencias máis alá do vindeiro curso.

 

Ofrecémonos a explicar de forma pormenorizada os argumentos anteriores, polo que estamos a súa disposición para facer todas as aclaracións que precisen.

A sociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia. APETEGA.

Vigo, 18 de maio de 2023

Escrito para a CIUG

Imagen
logo
Body

Segundo o recollido no artigo 23 dos estatutos de APETEGA, a presidenta convoca aos socios a unha xuntanza ordinaria da ASEMBLEA que terá lugar o día 19 de xullo de 2022, ás 12:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, co seguinte formato:
● Presencial no salón de actos do IES LUCUS AUGUSTI (avda Rodríguez
Mourelo s/n, Lugo)
● Online* no enlace de Cisco Webex:
https://eduxunta.webex.com/webappng/sites/eduxunta/dashboard/pmr/cazon

ORDE DO DÍA:
1.- Lectura e aprobación se procede da acta da acta da asemblea do 30/04/2022.
2.- Ratificación, se procede, do acordo que tome a xunta directiva na xuntanza que
celebrará o 07 de xullo de 2022 sobre a baixa de asociados por impago de cotas.
3.- Renovación da xunta directiva.
4.- Rogos e preguntas

Convocatoria

Convocatoria de Asamblea da APETEGA

Imagen
APETEGA
Body

Do 1 ao 5 de xuño de 2022, celébrase no Museo Gaiás da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a 8ª edición da Maker Faire Galicia, evento onde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades colabora na organización o venres 3 de xuño na xornada específica para o ambito educativo.

Maker Faire Galicia

Imagen
maker
Body

Curso práctico de 16 horas

› Son necesarios conocimientos previos equivalentes al curso de iniciación a Python

› Este curso se realiza mediante el aula virtual (clases en directo)

› Acceso al curso: te enviaremos el enlace y la contraseña para acceder al curso mediante un email

› Grupos reducidos 6 a 10 personas

› Cada asistente debe disponer de su propio portátil /ordenador y conexión a internet .

› Para más información ponte en contacto a través de nuestro formulario de contacto.

Curso avanzado de Python

Imagen
python
Body

Na actualidade atopámonos nunha transformación dixital das nosas cidades, industrias e fogares. Esta transformación dixital conlevará a integración de diversas tecnoloxías: Cloud Computing, Intelixencia Artificial, Big Data ou Realidade Aumentada, entre outras. Para iso é preciso conectar todos aqueles elementos do noso entorno que nos permitan obter un maior rendemento e unha redución dos custos.

Neste proceso, a plataforma Arduino pode xogar un papel importante abaratando custos, grazas á evolución do seu hardware (existen modelos para instalacións industriais), a gran cantidade de información e o abano de solucións que ofrece. Para desenvolver proxectos empregando un Arduino é preciso dominar 3 aspectos da plataforma: hardware e software de Arduino (plataforma), programación e electrónica.

Mediante sesións prácticas, os/as asistentes desenvolverán aquelas habilidades imprescindibles e os coñecementos indispensables e comúns para calquera tipo de proxecto: IoT, domótica, automatización, etc.

Curso

Curso de introdución a Arduino

Imagen
arduino
Body

La Feria Andaluza de Tecnología es un encuentro de carácter anual donde el alumnado y el profesorado tienen la oportunidad de mostrar el trabajo que en el ámbito científico-tecnológico han desarrollado durante el curso escolar. Un trabajo fruto del esfuerzo colectivo que potencia la colaboración entre grupos de estudiantes para el desarrollo de proyectos que favorezcan la cultura del emprendimiento, el esfuerzo, la creatividad y la innovación.

Este año retormamos al formato presencial adaptado y observando cuantas recomendaciones sanitarias haya que atender en el momento de la celebración.

VII Feria Andaluza de Tecnología

Imagen
Fantec