Finde Científica

Enviado por administrador el Sáb, 09/12/2017 - 21:56

A novena edición da Finde Científica terá lugar os días 11, 12 e 13 de maio de 2018 no Museo Nacional de Ciencia (MUNCYT).

FECYT organiza un ano máis a Finde Científica, un festival de ciencia de carácter anual no que participan centros educativos, museos, universidades e centros de investigación co obxectivo común de fomentar a cultura científica e achegar a ciencia á sociedade.

En 2018, esta feira científica, que contará co apoio de Obra Social A Caixa, celebrarase durante os días 11, 12 e 13 de maio, na sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía en Alcobendas (r/ Pintor Velázquez s/n - 28100). A Finde Científica converteuse xa nun dos eventos máis importantes da Comunidade de Madrid na área da divulgación científica.

A pasada edición preto de 8.000 visitantes gozaron durante dous días de actividades, obradoiros, xogos e demostracións científicas nunha contorna lúdica e de lecer.

Durante o evento, os centros escolares participantes amosan as actividades científicas desenvolvidas nos seus centros, nun formato feiral, onde o público visitante pode descubrir e comprender distintos conceptos científicos e técnicos mediante a realización de experimentos, técnicas, ensaios, prácticas, simulacións, xogos, demostracións, presentacións multimedia ou outros procedementos que favorezan a interactividade.

Adicionalmente, a FECYT convida a colaborar no evento a centros de investigación, universidades, museos ou outras entidades que axuden ao cumprimento destes obxectivos mediante a difusión do labor investigador e da ciencia desenvolvida en España.

Con motivo desta nova edición, a FECYT convida a centros educativos de todo o territorio nacional a colaborar na organización da Finde Científica 2018, fomentando así a mellora da educación científica entre os mozos mediante o desenvolvemento de actividades de divulgación baseadas na indagación, durante a celebración do evento. Para iso, os centros deberán presentar a súa proposta de proxecto divulgativo a desenvolver que, previo ao evento, traballarán cos seu alumnado no centro escolar.

O prazo de presentación de propostas permanecerá aberto desde o día 27 de novembro de 2017 ata as 13 horas, hora peninsular, do 15 de xaneiro de 2018.

Información e envío de propostas en: https:// findecientifico. fecyt.es.

Máis información: findecientifico@fecyt.es