Galicia Maker Faire

Enviado por administrador el Dom, 01/10/2017 - 20:22

24, 25 e 26 de novembro son as datas elixidas para a terceira edición da Galicia Maker Faire, que este ao terá lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela.

Para esta edición de 2017, ademais do cambio de localización, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ó sector profesional, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun xeito máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. Na fin de semana do 25 e 26 manterase para o público xeral.

Como obxectivo deste ano a feira busca dar o salto internacional, para o que contarán con poñentes e expositores de referencia a nivel mundial, con participantes chegados dos Estados Unidos ou de Reino Unido entre outros, dándolle unha visibilidade maior ó evento e que esperan repercuta en novas oportunidades de negocio para as empresas e makers participantes.