Premio Nacional á Investigación Tecnolóxica 2018

É hora de poñer en marcha a convocatoria 2018 do Premio Nacional de Iniciación a la Investigación Tecnológica que cumpre xa a súa terceira edición, unha vez se adoptaron as liñas estratéxicas a cargo do  Grupo de Traballo de UAITIE, reunido o pasado día 19 de outubro e  liderado polo Vogal directivo, Jorge Cerqueiro.

Como lembraredes, este proxecto nace co espírito de promocionar as vocacións e interese da sociedade na enxeñería, e para iso considérase imprescindible potenciar e fomentar a materia de Tecnoloxía, no contexto de conseguir comunicar a necesidade de innovación e a importancia da enxeñería en tal proceso e, de maneira especial, impulsar e reforzar estas aptitudes nos alumnos da contorna preuniversitaria, concretamente estudantes de 3º e 4º cursos de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e de 1º e de 2º de Bacharelato , que estean a cursar as materias de Tecnoloxía ou Tecnoloxía industrial, aos que vai dirixida esta iniciativa. A estas actuacións súmase a proxección da imaxe pública de UAITIE cara ao medio educativo, ás Administracións competentes, e á sociedade en xeral.

Pola comisión específica, traballouse na mellora dalgúns aspectos das bases do Certame, que vos achegamos xunto coa planificación de calendario de datas que interveñen neste proceso. Ata o 10 de novembro próximo atoparase activa a campaña de publicidade e divulgación do Premio entre as nosas Asociacións territoriais, sendo nesta fase onde teredes un papel fundamental. Entre estas actuacións de colaboración que se deben emprender, sinalamos unha operación promocional do Concurso mediante a difusión do mesmo aos compañeiros que traballen no sector da Educación preuniversitaria -concretamente na área Tecnolóxica-, Centros formativos e, en xeral, a aqueles que consideredes receptores deste programa no voso ámbito territorial.

O Concurso estará aberto á recepción de traballos participantes ata o 31 de marzo de 2018, establecéndose no procedemento de selección unha fase local e outra nacional, esta última será a final onde os proxectos mellor valorados –un de cada categoría –CATEGORÍA “A” (ESO) e CATEGORÍA “B” (BACHARELATO), serán recoñecidos cun diploma acreditativo e un premio equivalente a un valor monetario de mil euros cada un. Ademais, entregarase o mesmo valor monetario ao Centro educativo de onde partan cada unha das propostas gañadoras para destinar en material para a aula tecnolóxica do centro.

Aos debidos efectos de publicidade e demais proxeccións, enviamos os seguintes documentos asociados a esta convocatoria: