V Encontro Solar na UDC

Enviado por administrador el Dom, 23/04/2017 - 22:48

O próximo 27 de abril terá lugar o V Encontro Solar da UDC no aparcamento do edificio Xoana Capdevielle, promovido pola Oficina de Medio Ambiente e organizado por ADEGA e o CIFP Someso, xuntarémonos para cociñar e facer unha degustación de comida solar. Paralelamente teremos unha exposición de diferentes aparellos solares e visitas a instalacións de enerxía renovable na UDC.

O ano pasado reuníronse máis 70 cociñas solares e fixemos 50 receitas diferentes. Este ano conseguiremos máis? A actividade estivo amenizada cun DJ Solar!!  

Que non tes forno solar? No apartado de bioconstrución da web do CIFP Someso, ou na revista CERNA, tes á túa disposición as instrucións para a súa construción. O custo aproximado deste tipo de forno é duns 3 a 5 euros se te fas con materiais recuperados e os reciclas. Unha vez teñas o material, xúntate con uns amigos e en tres horas podedes ter o forno listo.