XuvenCiencia

As xornadas de comunicación e información entre profesorado de ensino secundario e universitario organizadas polo Grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía da USC (XuvenCiencia) teñen os seguintes obxectivos:

  • Crear vínculos e sinerxías entre os distintos actores da educación preuniversitaria e universitaria implicados na divulgación de coñecementos científico-técnicos.
  • Dar información sobre o sistema docente universitario actual segundo a reforma do Proceso de Bolonia.
  • Toma de contacto do profesorado de ensino secundario coa organización da investigación e con algunhas liñas específicas que se desenvolven no Campus de Lugo da USC.
  • Por en marcha actividades conxuntas no contexto científico que teñan como obxectivo fomentar o interese do alumnado de ensino secundario pola ciencia e a tecnoloxía.
  • Formar grupos de traballo de profesorado de ensino secundario e universitario para o desenvolvemento de materiais educativos, especialmente pequenos proxectos científicos.