20 anos da APETEGA

Enviado por administrador el Mié, 21/02/2018 - 03:26

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) cumpre 20 anos traballando pola defensa da Tecnoloxía e pola formación do profesorado. Neste tempo organizou xornadas para actualizar ós docentes nos novos contidos e tamén loitou pola presenza da Tecnoloxía nas distintas reformas educativas. Actualmente conta 170 socios que gozan dunha rolda de correo para resolver dúbidas e dunha páxina (apetega.gal) na que se colocan todas as novas que teñan que ver coa Tecnoloxía. Neste sitio tamén se pode acceder á aula virtual para acadar formación e documentación relativa á nosa materia.

Dende a asociación queremos agradecer a todos aqueles que colaboraron coa APETEGA e convidar ó profesorado a formar parte da mesma e a participar nas XVII Xornadas de Tecnoloxía que este ano van ter lugar en Santiago de Compostela os días 13 e 14 de abril.

Cartaz dos 20 anos