As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para Android e iOS estrean unha nova versión que incorpora cambios demandados polos usuarios e usuarias e funcións que xa foran introducidas na versión web deste recurso esencial da lingua galega. Os traballos de mellora foron desenvolvidos co apoio da Fundación Barrié.
As aplicacións para dispositivos móbiles optimizan as buscas preditivas, que unifican os homónimos, de tal xeito que xa non é preciso escoller entre dúas palabras iguais distinguidas unicamente por un sinal numérico. Outra función xa en marcha na versión en liña do Dicionario que se incorpora a estas ferramentas é a busca directa das palabras con variación xenérica pola forma en feminino, que pasan a aparecer tamén como opción nas buscas preditivas.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios