Que é o Campus Tecnolóxico para Mozas 2018?
É a principal actividade do proxecto SereIngeniera que vos presentamos neste blogue desde principios de ano. O Campus Tecnolóxico é un programa formativo, que se realiza de forma gratuíta e está dirixido a mozas preuniversitarias. O equipo de mozas que participa aborda un proxecto tecnolóxico durante dúas semanas e exhiben os resultados do seu traballo nunha xornada final aberta ao público.
Temos dous obxectivos principais:
- Espertar a vocación nas áreas STEM ( Sciences, Technology, Engineering and Mathematics en inglés; Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, siglas CTIM en español) en mozas preuniversitarias.
- Facer notar ás escolares o seu potencial e as súas posibilidades nas áreas STEM á vez que se propicia un foro de discusión sobre a situación actual das mulleres no ámbito STEM e a súa baixa participación nel.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios