IV Competición de Robots da EEI

Enviado por administrador el Sáb, 27/01/2018 - 01:05
A Escola de Enxeñería Industrial (EEI) da Universidade de Vigo convoca a cuarta edición da Competición de Robots en colaboración coa Rama de Estudantes do IEEE (Institute of Electrical and Electronics Engineers) da Universidade de Vigo e a Sección de Estudantes de ISA (International Society of Automation) da Universidade de Vigo.
 
O obxectivo fundamental deste concurso é achegar a Universidade ao alumnado de Ensino Secundario e Bacharelato ademais de promocionar as titulacións da Escola de Enxeñería Industrial e fomentar o interese dos alumnos polas disciplinas STEM, máis especificamente polos estudos de Enxeñería. En particular, coa categoría superior, preténdese potenciar a autoaprendizaxe no deseño, construción e programación de robots autónomos. Por outra banda, este evento é unha oportunidade para tratar de impulsar a interconexión entre estudantes de distintas disciplinas tanto no ámbito universitario como de ciclos superiores.
 
Para o correcto desenvolvemento da competición e fomentar que podan participar equipos con diferentes perfís de alumnos, establécense dúas categorías:
 
WAL-E
R2D2
 
Nesta categoría poderán participar os alumnos matriculados durante o curso 2017/2018 en calquera curso de Ensino Secundario (ESO e Bacharelato).