Obradoiro gratuíto: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe
O Cesga organiza, co CPI O Cruce, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC, un obradoiro práctico de nivel básico o día 9 de xullo dirixido a docentes e persoas relacionadas co ensino, cos seguintes contidos:
-
Introdución ao SIX (Sistemas de Información Xeográfica): mapas, estándares, etc.
-
Os dispositivos móbiles e as súas capacidades de localización e captura de datos
-
A app educativa gratuíta de PhenoloGIT (www.phenologit.org) e o servidor de mapas: recollida en tempo real de datos sobre especies naturais por parte de estudantes
-
Análise e filtrado da información recollida para o traballo na aula
-
Aplicacións e exemplos de actividades a desenvolver na aula cos datos obtidos
-
As ferramentas de uso para a aula: creación e xestión de contas de alumnado e profesorado
-
Posibilidades avanzadas. O uso de software libre de análise: QGis
O obradoiro terá 2:30 horas de duración e haberá 2 quendas de 15 prazas cada unha (9:00-11:30 e 12:00-2:30) polo que é necesario rexistrarse enviando un email a e-learning@cesga.es
Toda a información sobre o obradoiro pode descargarse nesta ligazón.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios