Obradoiro gratuíto: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

Enviado por administrador el Mié, 13/06/2018 - 20:36

Obradoiro gratuíto: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

O Cesga organiza, co CPI O Cruce, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC, un obradoiro práctico de nivel básico o día 9 de xullo dirixido a docentes e persoas relacionadas co ensino, cos seguintes contidos:

  • Introdución ao SIX (Sistemas de Información Xeográfica): mapas, estándares, etc.

  • Os dispositivos móbiles e as súas capacidades de localización e captura de datos

  • A app educativa gratuíta de PhenoloGIT (www.phenologit.org) e o servidor de mapas: recollida en tempo real de datos sobre especies naturais por parte de estudantes

  • Análise e filtrado da información recollida para o traballo na aula

  • Aplicacións e exemplos de actividades a desenvolver na aula cos datos obtidos

  • As ferramentas de uso para a aula: creación e xestión de contas de alumnado e profesorado

  • Posibilidades avanzadas. O uso de software libre de análise: QGis

O obradoiro terá 2:30 horas de duración e haberá 2 quendas de 15 prazas cada unha (9:00-11:30 e 12:00-2:30)  polo que é necesario rexistrarse enviando un email a e-learning@cesga.es

Toda a información sobre o obradoiro pode descargarse nesta ligazón.