-
Pola mañá desenvolverase a Muchachada Matiné: roteiro socioaudiovisual por Boiro onde crearedes micropezas xunto a cineastas, co soporte da A.C. Unión de Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de toda Galicia, é de balde, e suporá traballar en pequenos grupos coa presencia dun profe acompañante. Os cineastas cómplices deste ano son: Sandra Sánchez, directora de Tralas Luces; Alfonso Zarauza, director de Encallados; María Yáñez e Sonia Méndez, do Carballo Interplay; Miguel de Lira, actor e guionista de Crebinsky; Andrés Goteira e Suso López, de Dhogs; Eloy Domínguez, director de No cows on the ice; Sabela Hermida, actriz e produtora e Toño Chouza, cineasta de Boiro.
- Xantar colectivo con tomavistas. A comida corre a conta de cada quen, a foto pona Olloboi
-
Pola tarde realizarase un CineForum no que as directoras do festival Carballo Interplay nos achegarán ó mundo das series web e youtubers; a continuación, Sabela Hermida e Fede Pérez presentarán a gala de entrega de premios.
- Inicie sesión o registrese para enviar comentarios