XVII XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Enviado por administrador el Dom, 04/03/2018 - 22:11

Os vindeiros 13 e 14 de abril, terán lugar no IES Lamas de Abade de Santiago de compostela as XVII Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí (programa.pdf)

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas (resolución). O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

    Nota: Consulte por favor o programa das xornadas antes de formalizar a súa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)

  • Non socios/as: 60 euros (50% redución para estudiantes e desempregados)

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 15 de marzo ao 7 de abril de 2018 (utilizar o correo de gmail).

  2. Segundo corresponda, facer o ingreso na conta de Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.

  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVII Xornadas da aula virtual (tódolos socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 21:00 horas do 12 de abril de 2018

Máis información