Body

Esta actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre e das tecnoloxías da información e comunicación (cun senso eminentemente práctico de obradoiros), impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre e tecnoloxías TIC para a educación, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

V Congreso de Software Libre e Foro Libre para Educación

V Congreso de Software Libre e Foro libre para Educación

Imagen
V Congreso de Software Libre
Body

A Plataforma Estatal de Asociacións de Profesorado de Tecnoloxía, informa de que aceptaron a solicitude recibida do Instituto Nacional de Evaluación Educativa ( INEE) do Ministerio de Educación para "colaborar cos grupos de expertos que se constituirán en relación á elaboración dos materiais necesarios para as avaliacións finais de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato , que se realizarán ao remate do curso 2016/17 nas materias da ESO: Tecnoloxías e Tecnoloxías da Información e de Bacharaleto: Tecnoloxías da Información e Comunicación II, Tecnoloxía Industrial II, Imaxe e Son e Debuxo Técnico II".

 

Petición do INEE á PEAPT para a elaboración de materiais das "reválidas"

Imagen
INEE
Body

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - SÁBADO 28 DE MAIO DE 2016 - 15:00/15:30


Convócanse a todos os soci@s de APETEGA a unha xuntaza ordinaria da asemblea que terá lugar o  sábado 28 de maio de 2016, no Hotel Colon-Tuy de Tui, ás 15:00 en primeira convocatoria e ás 15:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación das actas das sesións anteriores

2. Aprobación das contas do último exercicio.

3. Organización das XVI Xornadas de Tecnoloxía e/ou das VI Xornadas Monográficas

4. Informes da Xunta Directiva

5. Rogos e preguntas.

 

Atentamente,

A Xunta Directiva

ANEXOS:

Ligazón ás actas nº52, 53 e 54, pendentes de aprobar.

COPIA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - 28 de maio 2016

Asemblea Ordinaria de Apetega en Tui

Imagen
Convocatoria asamblea
Body

A Asamblea de Apetega do pasado 13 de maio, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña. O acordo implica que Apetega terá a sede social na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña.

Convenio coa Universidade de A Coruña

Imagen
Universidade de A Coruña
Body

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - VENRES 13 DE MAIO DE 2016 - 16:30/17:00


Segundo o recollido no artigo 13 dos estatutos de APETEGA  a presidenta anula a convocatoria extraordinaria da ASEMBLEA de socios do 6 de maio de 2016 e convoca de novo aos socios a unha xuntanta, que terá lugar o vindeiro día 13 de maio de 2016 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, no salón de actos dos IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Propostas e elección da sede social de Apetega.

  2. Propostas e enmendas de reforma dos Estatutos para a súa adaptación á lei 1/2002 do 22 de marzo. Aprobación, se procede, do texto final.

  3. Implantación da LOMCE no curso 2016/17 na ESO e bacharelato.

  4. Informes da Xunta Directiva

  5. Informe sobre as XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

ANEXOS:

Proposta de modificación dos estatutos de APETEGA

Proposta de documento sobre a implantación da LOMCE no curso 2016/2017

Convocatoria en PDF

Cambio de data na Asemblea de Apetega

Imagen
Asamblea Extraordinaria
Body

O pasado 21 de abril, tivo lugar na DOMUS (A Coruña) a II Edición do Concurso de Segueliñas, no que participaron 13 equipos de estudantes de segundo ciclo da ESO e bacharelato.

O concurso, patrocinado por APETEGA,  puntúa para a Liga Nacional de Robótica de Competición, e encádrase dentro da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem (organizada por BricoLabs e Museos Científicos Coruñeses (=mc2)).

 

 

 

II Edición do concurso de Robótica na DOMUS

Imagen
II concurso de Robótica
Body

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - VENRES 6 DE MAIO DE 2016 - 16:30/17:00 


Convócase a todos os soci@s de APETEGA á asemblea extraordinaria que terá lugar o venres 6 de maio de 2016, no Salón de actos do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, ás 16:30 en primeira convocatoria e ás 17:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Propostas e elección da sede social de Apetega.

  2. Propostas e emendas de reforma dos Estatutos para a súa adaptación á lei 1/2002 do 22 de marzo. Aprobación, se procede, do texto final.
  3. Implantación da LOMCE no curso 2016/17 na ESO e bacharelato.

  4. Informes da Xunta Directiva
  5. Informe sobre as XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

ANEXOS:

Proposta de modificación dos estatutos de APETEGA

Proposta de documento sobre a implantación da LOMCE no curso 2016/2017

Convocatoria en PDF

 

Convocatoria da Asemblea Extraordinaria de Apetega

Imagen
Convocatoria de asamblea