XVII XORNADAS DE TECNOLOXÍA

CARTAZ

Cartaz en pdf                                                             

Os vindeiros 13 e 14 de abril terán lugar no IES Lamas de Abade de Santiago de compostela as XVII Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí: programa.pdf

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas (Resolución e código do curso: X1702111).

O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

    Nota: Consulta por favor o programa das xornadas antes de formalizar a túa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)

  • Non socios/as: 60 euros (50% de redución desempregados e estudantes)

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 15 de marzo ao 7 de abril de 2018 (utilizar o correo de gmail).

  2. Segundo corresponda, facer o ingreso da cota de inscrición na conta de Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.

  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia da aula virtual apetega.gal/aula (tódolos socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá,  desde as 21:00 horas do 12 de abril ata as 17:00 h do 13 de abril de 2018. 

Outras actividades ao redor das XVII Xornadas:

  1. Venres, 13 de abril, pola mañá: visita o edificio CiTIUS, en horario de 12:00h a 13:00h.

    Localización: Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez, s/n. Campus Sur da USC.

  2. Sábado, 14 de abril: 11:30 h a 12:30h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA) no IES Lamas de Abade.

 

Información complementaria:

1.- Localización e contacto co instituto:

O IES Lamas de Abade atópase en Santiago de Compostela, Rúa da Raiola, 8, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono: 881 86 66 11. Localización.

2.- Localización do Auditorio Edificio Cersia. R/ Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA

Neste auditorio serán as actividades do 13 de abril.

3.- Comidas

Nota:

  • para a cea e xantar hai que facer a reserva ingresando o importe correspondente na conta da APETEGA (Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329) e indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 7 de abril.
  • despois de facer o pago hai que escoller no formulario de inscrición a comida e adxuntar o xustificante de ingreso.

Cea, venres 13 de abril:

       Restaurante Xantares, no Franco.

Menú:

 

Chipiróns á grella con redución de módena

 

Gambón á grella

 

Escoller: Robaliza ó forno ou xarrete estofado

 

Ribeiro e Rioja

 

Sobremesa

 

Café e chupitos

 

Prezo: 20€

 

Xantar, sábado 14 de abril:

       Cafetería do IES Lamas de Abade

Menú:

Aperitivos

Empanada galega de atún

Bouquet de queixo con anchoa e mazá

Brick de langostinos con verduras

Croquetas caseiras de xamón

Prato principal (escoller carne ou peixe)

Carrilleira de tenreira con pataca asada ó romero

ou

Bomba de pescada rechea de cogumelos e vieiras

Sobremesa

Mouse de queixo con coulís de froitos do bosque

Adega

Albariño ou Mencía, Cervexa, Auga e refrescos.

Prezo: 25€