A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XX XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES de A Illa de Arousa o 12 e 13 de Abril de 2024.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XX XORNADAS
Prazo de inscrición: ata o 3 de Abril ás 22.00 h
OBXECTIVOS
- Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
- Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IOT, etc.
- Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público.
CONTIDOS
- Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área.
- IA, cortadora láser, textil, IoT, ciberseguridade, audiovisual, python, MQTT, nodeRED
- mbot2, ESP32, Raspberry, Chroma, máquina de coser, microbit, narrativa audiovisual, arquitectura bioclimática
METODOLOXÍA
- Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos.
IMPORTANTE
- Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc.
- Está preconcedida a homologación das Xornadas na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas.
- Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización.
- Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas ( https://www.apetega.gal/gl/novas/2024/xx-xornadas-de-tecnoloxía).
- O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude.
Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.
- Número de prazas: 120
- Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
- Prazo de inscrición: dende o 11 marzo ás 20:00 h ata o 24 de marzo ás 22:00 h.
- Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
- Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
- Os non socios que desexen aproveitar a ocasión para asociarse só terán que facer un ingreso de 70 € na conta de APETEGA correspondentes á cota de alta como socio e enviar a autorización de domiciliación bancaria asinada, para a seguinte renovación anual a contacto@apetega.gal.
- Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)