XVIII XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Cartaz xornadaas

Cartaz en pdf

Os vindeiros 29 e 30 de abril terán lugar no IES de Brión as XVIII Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí: programa.pdf

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

Nota: Consulta o programa das xornadas antes de formalizar a túa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)

  • Non socios/as: 60 euros (50% de redución desempregados e estudantes)

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "Asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 15 de abril ao 27 de abril de 2022.

  2. Segundo corresponda, facer o ingreso da cota de inscrición na conta de Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago co formulario de matrícula nas Xornadas.

  3. As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVIII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia da aula virtual apetega.gal/aula (todo os socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 09:00 h do 27 de abril de2022.

 

Outras actividades ao redor das XVIII Xornadas:

  1. Sábado 30 de abril: 12:00h a 14:00h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA) no IES de Brión.

Información complementaria:

1.- Localización e contacto co instituto:

O IES de Brión atópase en Paseo de Pedrouzos, 15865 Brión, A Coruña. Teléfono: 881 86 60 58 Localización.

2.- Comidas

Nota:

  • para o xantar hai que facer a reserva ingresando o importe correspondente na conta da APETEGA (Caixa Rural nº  ES14 3070 0021 7561 9418 8329) e indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 27 de abril.

  • despois de facer o pago hai que achegar o xustificante de ingreso co formulario de matrícula.

 

Xantar, sábado 30 de abril (47 prazas):

Cafetería do IES de Brión.

Menú:

           Primeiro: ensalada de pasta

           Segundo: lacón asado con patacas asadas

           Sobremesa: torta de améndoa

           Café e bebida (refresco ou auga)

           Prezo: 12 euros