Curso de introdución a Arduino

Na actualidade atopámonos nunha transformación dixital das nosas cidades, industrias e fogares. Esta transformación dixital conlevará a integración de diversas tecnoloxías: Cloud Computing, Intelixencia Artificial, Big Data ou Realidade Aumentada, entre outras. Para iso é preciso conectar todos aqueles elementos do noso entorno que nos permitan obter un maior rendemento e unha redución dos custos.

Neste proceso, a plataforma Arduino pode xogar un papel importante abaratando custos, grazas á evolución do seu hardware (existen modelos para instalacións industriais), a gran cantidade de información e o abano de solucións que ofrece. Para desenvolver proxectos empregando un Arduino é preciso dominar 3 aspectos da plataforma: hardware e software de Arduino (plataforma), programación e electrónica.

Mediante sesións prácticas, os/as asistentes desenvolverán aquelas habilidades imprescindibles e os coñecementos indispensables e comúns para calquera tipo de proxecto: IoT, domótica, automatización, etc.

Curso