IX Xornada Monográfica - Bioclimática

Enviado por administrador on Xov, 03/09/2026 - 20:38

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar da de IX Xornada Monográfica de Arquitectura bioclimática, bioconstrucións e urbanismo sostible a celebrar no albergue Alvarella (Fragas do Eume) o 3 Outubro de 2026. 

Está previsto unha homologación da Consellería por un total de 8 horas de formación. 

Folleto

 

- - - - - - - - - - >FORMULARIO DE INSCRICIÓN NO IX MONOGRÁFICO-BIOCLIMÁTICA< - - - - - - - - - - 

  • Prazo: dende 3 setembro ás 22:00 ata o 10 de setembro ás 16:00.

 

IMPORTANTE

  • Número de prazas: 40

 

  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.

 

  • Esta actividade é gratuíta para os SOCIOS de APETEGA.

 

  • Para os NON SOCIOS a cota de inscrición é de 60 €, polo que deberán facer o ingreso na conta de APETEGA unha vez reciban confirmación por mail de que están admitidos.

 

  • Lembrade que o día anterior, venres día 2, ofreceremos unha actividade complementaria (non incluída no programa das xornadas e non homologable), consistente nun roteiro con guía polas Fragas do Eume, sen custo adicional, e que se realizará ás 17:00.

 

 

Información complementaria:

1.- Localización do Albergue Alvarella.

Breanca, nº4, 15615 Doroña, A Coruña

 

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a contacto@apetega.gal