Os vindeiros 13 e 14 de marzo terán lugar no IES Francisco Daviña Rey as XXII Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA.
Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XXII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES Francisco Daviña Rey o 13 e 14 de Marzo de 2026.
FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XXII XORNADAS 

Prazo de inscrición: dende o 11 de Febreiro ás 22:00 ata o 4 de Marzo ás 22.00 h
LISTADO DE ALOXAMENTOS EN MONFORTE PARA AS XORNADAS
OBXECTIVOS
- Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
- Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IoT, etc.
- Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público.
CONTIDOS
- Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a
práctica docente na área. - Maker Maxia, utilización da impresora 3D e da cortadora láser na elaboración de proxectos de
estruturas e mecanismos. - Domótica (ecosistema Matter), ciberseguridade (técnicas OSINT), MicroPython, Micro:Bit
(observatorio de Eclipses), EchidnaShield (práctica con Learming ML). - Ferramentas IA (NotebookLM, Gamma, GPT4ALL, n8n...), creación de ChatBots educativos, a IA
nos xogos de mesa (Go, Cotadrez).
METODOLOXÍA
- Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos.
IMPORTANTE
- Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc.
- Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas.
- Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización.
- Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas (https://www.apetega.gal/gl/novas/2026/xxii-xornadas-de-tecnoloxia).
- O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude dixital.
Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.
- Número de prazas: 120
- Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
- Prazo de inscrición: dende o 11 de Febreiro ás 22:00 ata o 4 de Marzo ás 22.00 h.
- Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
- Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
- Os non socios que desexen aproveitar a ocasión para asociarse só terán que facer un ingreso de 70 € na conta de APETEGA correspondentes á cota de alta como socio e enviar a autorización de domiciliación bancaria asinada, para a seguinte renovación anual a contacto@apetega.gal.
- Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

- Inicia sesión para publicar comentarios.
Comentarios
Xornadas
Moitas grazas pola vosa implicación. Faremos o posible por estar con vós.