Corpo

AprendeProgramando é un proxecto educativo desenvolto pola Asociación Programo Ergo Sum destinado a calquera persoa que queira penetrarse no mundo da programación informática dunha forma diferente. Consiste nun asistente guiado para aprender a programar en diferentes linguaxes de programación Blockly, Python ou JavaScript, ao mesmo tempo que se propoñen retos de matemáticas, física e tecnoloxía.

AprendeProgramando

Imaxe
Aprende programando
Corpo

Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.

Arduino Day Lugo 2019

Imaxe
makers
Corpo

I Congreso Nacional de Tecnoloxía (8 e 9 de febreiro de 2019, Málaga)

A Plataforma Estatal de Asociacións do Profesorado de Tecnoloxía ( PEAPT), a Escola de Enxeñerías Industriais e o CEP de Málaga, organizan o 1 er Congreso Nacional de Tecnoloxía, dirixido ao profesorado de Tecnoloxía de todo o Estado.

O Congreso terá lugar os próximos 8 e 9 de Febreiro de 2019 en Málaga

I Congreso Nacional de Tecnoloxía

Imaxe
congreso
Corpo

Segundo o recollido no artigo 23 dos estatutos de APETEGA, a presidenta convoca ós socios a unha xuntanza ordinaria da ASEMBLEA que terá lugar o vindeiro día 18 de XANEIRO de 2019, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, no IES Arcebispo Xelmirez I (Rúa da Poza de Bar, s/n, 15705 Santiago de Compostela) no campus sur.

Convocatoria

 

ASEMBLEA DA APETEGA

Imaxe
logo apetega
Corpo

O avance científico é responsabilidade de todos os cidadáns e a Ciencia Aberta ( Open Science) é o vehículo perfecto para poñer en contacto á poboación co mundo educativo e científico.

Unha das formas máis divertida de penetrarse no mundo da ciencia é a través do xogo, a demostración e os experimentos curtos ou Snack Experiments. Por iso o club de ciencia “ XenTD100 cia” en colaboración co concello de Cambre decidimos organizar unha feira de ciencia co que máis nos gusta de todas as feiras de ciencia nas que participamos.

 

Open Science Cambre

Imaxe
openscience
Corpo

A OSHWDem é unha evento de tecnoloxía único, para todos os públicos, de entrada gratuíta e sen inscrición. Acolle cada ano máis dun centenar de proxectos libres que os seus creadores expoñen ao público asistente nun ambiente próximo e amigable. Ademais celebraranse incribles competicións de robots que poderás gozar como espectador ou competindo. Siguelíneas, Sumo, Labirinto, combate de robots e Hebocon, hai oco para todos os niveis. Bota unha ollada ás regras!.

Cumprimos xa sete anos e durante este tempo a feira acolleu a máis de 8000 asistentes e viñeron a expoñer os seus proxectos libres ou colaborado máis de 1230 makers da comunidade de hardware e software libre. Para BricoLabs, como organizadores, estas cifras supoñen unha responsabilidade moi grande. A nosa intención é que cada OSHWDem sexa sempre a mellor da historia. Por iso, estamos a preparar moitas cousas para esta edición. Esperámosvos un ano máis, xa que a OSHWDem é unha feira feita por e para makers.

Arranca a OSHWDem 2018

Imaxe
oshwdem
Corpo

Proxecto Algoritmia é unha páxina con material didáctico para profesorado de Primaria, Secundaria e Bacharelato interesado en desenvolver a competencia dixital en xeral e a competencia programadora en particular. É un traballo que xorde da necesidade de elaborar material didáctico en galego que permita secuenciar correctamente a adquisición de conceptos e competencias relacionadas coa Programación e visualizar os requisitos previos a desenvolver en cada nivel.

A nosa intención é que Proxecto AlgoRitmia vaia medrando e incorporando outros materiais relacionados coa aprendizaxe da programación e de cultura algorítmica. Se queres colaborar non dúbides en poñerte en contacto con nós, mediante os nosos mails ou en Twitter.

AlgoRitmia

Imaxe
algoritmia
Corpo

A Xunta de Galicia organiza por primeira vez dous campamentos tecnolóxicos de verán dirixidos á mocidade

O albergue xuvenil de Gandarío acollerá do 1 ao 8 de setembro dúas novas iniciativas para o fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos, que lles permitirán coñecer os principios necesarios para crear animacións de vídeo e os fundamentos para a creación, control e voo dun dron

A Xunta de Galicia amplía a oferta de actividades de ocio e formación dirixidas á xente nova para esta tempada estival coa organización de dous novidosos campamentos centrados no fomento das vocacións tecnolóxicas. Esta acción, enmarcada, no Plan de Promoción do Talento Dixital de Galicia (Digitalent 2020) que está a desenvolver a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), engádase á programación da Campaña de Verán 2018 que impulsa a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social.

Campamentos tecnolóxicos de verán dirixidos á mocidade

Imaxe
amtega
Corpo

Obradoiro gratuíto: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

O Cesga organiza, co CPI O Cruce, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC, un obradoiro práctico de nivel básico o día 9 de xullo dirixido a docentes e persoas relacionadas co ensino, cos seguintes contidos:

  • Introdución ao SIX (Sistemas de Información Xeográfica): mapas, estándares, etc.

  • Os dispositivos móbiles e as súas capacidades de localización e captura de datos

  • A app educativa gratuíta de PhenoloGIT (www.phenologit.org) e o servidor de mapas: recollida en tempo real de datos sobre especies naturais por parte de estudantes

  • Análise e filtrado da información recollida para o traballo na aula

  • Aplicacións e exemplos de actividades a desenvolver na aula cos datos obtidos

  • As ferramentas de uso para a aula: creación e xestión de contas de alumnado e profesorado

  • Posibilidades avanzadas. O uso de software libre de análise: QGis

O obradoiro terá 2:30 horas de duración e haberá 2 quendas de 15 prazas cada unha (9:00-11:30 e 12:00-2:30)  polo que é necesario rexistrarse enviando un email a e-learning@cesga.es

Toda a información sobre o obradoiro pode descargarse nesta ligazón.

 

Obradoiro gratuíto: Mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

Imaxe
aula cesga
Corpo

Que é o Campus Tecnolóxico para Mozas 2018?

É a principal actividade do proxecto SereIngeniera que vos presentamos neste blogue desde principios de ano. O Campus Tecnolóxico é un programa formativo, que se realiza de forma gratuíta e está dirixido a mozas preuniversitarias. O equipo de mozas que participa aborda un proxecto tecnolóxico durante dúas semanas e exhiben os resultados do seu traballo nunha xornada final aberta ao público.

Temos dous obxectivos principais:

  • Espertar a vocación nas áreas STEM ( Sciences, Technology, Engineering and Mathematics en inglés; Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas, siglas CTIM en español) en mozas preuniversitarias.
  • Facer notar ás escolares o seu potencial e as súas posibilidades nas áreas STEM á vez que se propicia un foro de discusión sobre a situación actual das mulleres no ámbito STEM e a súa baixa participación nel.

Campus Tecnolóxico para Mozas 2018

Imaxe
campus