Corpo

A European Maker Week é unha iniciativa promovida pola Comisión Europea e implementada por Maker Faire Rome en colaboración con Startup Europe, co obxectivo de atraer aos cidadáns europeos ao "mundo Maker" e FabLabs, Makerspaces, Hackerspace e Hardware Startups Environment.

Os obxectivos da European Maker Week son dous:

Crear conciencia sobre a importancia da cultura creadora para fomentar unha educación de creatividade e innovación en todas as escolas de Europa;

Construír pontes entre as autoridades locais e os medios e os principais actores dos ecosistemas dos seus propios fabricantes locais.

En particular, desexamos chegar a novos xogadores (por exemplo, escolas) que nunca antes organizaron un evento de creación.

European Maker Week

Imaxe
euromaker
Corpo

Presentación utilizada na conferencia das XVII Xornadas en Santiago (non deu tempo a toda; o ano que vén continuará ;-)

Un traballo de Roberto N. e Daniel R.

 

 

 

Cine e Tecnoloxía: presentación da conferencia

Imaxe
Cine
Corpo

Presentámosche as Primeiras Colonias robóticas na Garrotxa que Innova Didactic preparou xunto coa empresa Organitza.

Durante unha semana de xullo os mozos e mozas poderán aprender robótica e base en impresión 3D á vez que gozarán de actividades de lecer ao aire libre nunha contorna ideal.

Organizáronse dúas quendas:

A primeira, do 8 ao 14 de xullo

A segunda, do 15 ao 21 de xullo

A estancia levarase a cabo na Casa de colonias Lles Preses, desde onde se coidarán ao máximo os detalles para asegurar aos participantes unha boa experiencia.

Coñecerán diferentes tipos de robots didácticos (3 DBot Scratch e Arduino, Leigo, Mouse, ...) da man de monitores profesionais e experimentados en robótica e educación. Os obradoiros axustaranse á idade e coñecementos previos dos mozos.

Pensamos que estas colonias constitúen unha moi boa ocasión para pasar uns días de convivencia con outros mozos e mozas, gozar das actividades de verán e da nosa contorna e adquirir coñecementos en robótica xogando e pasándoo ben.

Se estades interesados en participar podedes facer as inscricións nesta web www.organitza.net/inscripcions ou enviándonos un correo electrónico a: extraescolar@innovadidactic.com

INNOVA DIDACTIC, SL. Primeiras colonias robóticas

Imaxe
innova
Corpo
O COGITT (Colexio Oficial de Graduados Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións) e a AGGETT (Asociación Galega de Graduados e Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación) organizan a segunda edición deste Congreso Internacional de Drons. Celebrarase no Auditorio Municipal de Ourense, aínda que tamén contará con sorpresas en distintos puntos da contorna.
DEC Galicia volverá congregar a empresas e profesionais dos distintos sectores que poden aproveitarse das posibilidades que ofrecen os drons e as súas aplicacións. Nesta edición tentaremos profesionalizar aínda máis os relatorios e darlle un espírito máis participativo. Ademais, potenciaremos a zona de exposicións con moito máis espazo e a presenza dos principais axentes do momento no sector. Como non queriamos esquecernos de ninguén, ao longo dos tres días do congreso organizaranse distintas exhibicións para facer partícipe ao público xeral e en particular, aos máis peques da casa. Para confeccionar o mellor dos menús posibles, deixámonos asesorar por un variado grupo de expertos, que nos garanten un éxito absoluto do evento.
 

DIC Galicia 2018!

Imaxe
DIC
Corpo
Será o venres 11 de maio, en Boiro, e contamos con tod@s vós.
 
O prazo de inscrición de traballos será do 3 de febreiro ó 30 de abril e haberá nove premios. Como sempre, aceptamos curtas elaboradas por alumnado/profesorado relacionado con centros educativos (de formación reglada ou non) desde Infantil ata Superior. Podedes consultar máis detalles nas Bases
 
O Encontro Olloboi 2018 organizarase, como o ano pasado, en torno a dúas actividades:
  • Pola mañá desenvolverase a Muchachada Matiné: roteiro socioaudiovisual por Boiro onde crearedes micropezas xunto a cineastas, co soporte da A.C. Unión de Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de toda Galicia, é de balde, e suporá traballar en pequenos grupos coa presencia dun profe acompañante. Os cineastas cómplices deste ano son: Sandra Sánchez, directora de Tralas Luces; Alfonso Zarauza, director de Encallados; María Yáñez e Sonia Méndez, do Carballo Interplay; Miguel de Lira, actor e guionista de Crebinsky; Andrés Goteira e Suso López, de Dhogs; Eloy Domínguez, director de No cows on the ice; Sabela Hermida, actriz e produtora e Toño Chouza, cineasta de Boiro.

  • Xantar colectivo con tomavistas. A comida corre a conta de cada quen, a foto pona Olloboi
  • Pola tarde realizarase un CineForum no que as directoras do festival Carballo Interplay nos achegarán ó mundo das series web e youtubers; a continuación, Sabela Hermida e Fede Pérez presentarán a gala de entrega de premios.

A crear!

Volve o Festival Olloboi!

Imaxe
olloboi
Corpo

O 26 de abril de 2018 é o Día Internacional das nenas nas TIC, e imos celebralo ao grande no CESGA!.

Non sabes o que é o Día Internacional das nenas nas TIC? É unha celebración de ámbito internacional para motivar ás novas xeracións de mozas a considerar as TIC para o desenvolvemento académico, investigador e profesional.

Día das rapazas nas TIC

Imaxe
tic
Corpo

As aplicacións do Dicionario da Real Academia Galega para Android e iOS estrean unha nova versión que incorpora cambios demandados polos usuarios e usuarias e funcións que xa foran introducidas na versión web deste recurso esencial da lingua galega. Os traballos de mellora foron desenvolvidos co apoio da Fundación Barrié.

As aplicacións para dispositivos móbiles optimizan as buscas preditivas, que unifican os homónimos, de tal xeito que xa non é preciso escoller entre dúas palabras iguais distinguidas unicamente por un sinal numérico. Outra función xa en marcha na versión en liña do Dicionario que se incorpora a estas ferramentas é a busca directa das palabras con variación xenérica pola forma en feminino, que pasan a aparecer tamén como opción nas buscas preditivas.

As aplicacións do Dicionario estrean versión con melloras demandadas polos usuarios

Imaxe
RAG
Corpo

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil- Tablet: “d3 mobile.es Metrology World League”.

O campionato conta co patrocinio da UNESCO, que representa o nivel máis exclusivo de apoio desta Organización e que é outorgado a aqueles proxectos que contan con importancia para os programas e obxectivos estratéxicos da UNESCO.

A extracción de información métrica 3D precisa e eficaz da nosa contorna resulta clave para o seu correcto estudo e é neste punto onde a fotogrametría preséntase como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio móbil- tablet. O campionato desenvolverase a través da Web http://www.d3 mobile.es/ .

Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil- Tablet

Imaxe
mobile3d
Corpo

Dende MakersLugo, este 2018 será o quinto ano consecutivo que intentaremos outro evento maker aberto a tódolos públicos. Aproveitando a celebración global do Arduino Day, será o sábado 12 de maio, en Lugo.

Pretendemos que sexa un día de celebración, con outros makers, de coñecernos, de charlas, de ideas, e de mostrar ao público esa cacharrada que fas na casa. Como o que nos gusta é compartir e aprender, estamos desexosos de novos "trasteadores" e "pensantes", que queiran mostrar os seus proxectos, presentarnos as súas ideas ou facer pequenos obradoiros.

Makers.lugo

 

ARDUINO DAY 2018:

Imaxe
makers.lugo
Corpo

Inventa en Galego (con App Inventor) 2018. Concurso de Sensores 2018

Inventa en Galego (con App Inventor) 2018

As Bases que podedes ver aquí, son semellantes ás de dous anos anteriores e tamén contará co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e de Igaciencia. A modo de resumo, céntrase en:

Crear programas en App Inventor por un equipo de alumnos e alumnas de Primaria ou Secundaria de Galicia, presentados por un ou unha profesor/a.

Temática: As App versarán sobre programas útiles co móbil, realizados con AppInventor, do MIT e relativos a calquera aspecto de Galicia. Ao menos no idioma galego (pode ter máis).

Premios: 2 , un de 300 e outro de 200 euros. Prazo, finais de maio.

Concurso de Sensores 2018

Imaxe
concurso de sensores