Corpo

TEK–FEST é un encontro internacional sobre tecnoloxías emerxentes (tech trends) que se desenvolverá na cidade de Pontevedra entre o 27 de setembro e o 1 de outubro de 2016. Contará con diferentes actividades que se realizarán progresivamante: workshops, conferencias, instalacións e performances de diversa natureza.

Máis información 

TEK- FEST / PONTEVEDRA.16

Imaxe
Tek-fest.com
Corpo

Resolución da Dirección Xeral de Educación na que se ditan as instrucións para o curso 2016/17. No artigo 9.2 letra d, recóllese de xeito claro a posibilidade de ofertar Tecnoloxía tanto na vía aplicada como na académica de 4º ESO.

 

Resolución

Resolución da Dirección Xeral de Educación na que se ditan as instrucións para o curso 2016/17

Imaxe
Resolución da Dirección Xeral
Corpo

A Xunta acaba de publicar a orde pola que se amplían as materias de libre configuración autonómica, entre elas inclúe a materia de Electrotecnia para BAC.

Orde publicada

Electrotecnia materia de libre configuración

Imaxe
Electrotecnia materia de libre configuración
Corpo

Dende a APETEGA queremos dar o noso apoio ó profesorado que traballa como coordinador TIC, nas súas demandas de mellora no desempeño do seu traballo.

Documento de petición de melloras

Melloras na coordinación TIC nos centros de ensino de Galicia

Imaxe
Coordinador TIC
Corpo

Esta actividade está orientada a facilitar a actualización do profesorado de Galicia, difundir os novos vieiros de software libre e das tecnoloxías da información e comunicación (cun senso eminentemente práctico de obradoiros), impulsar o desenvolvemento da investigación en educación e en software libre e tecnoloxías TIC para a educación, dar a ocasión de coñecer innovacións educativas e difundir distintas liñas para a aprendizaxe e ensinanza das distintas materias da educación.

V Congreso de Software Libre e Foro Libre para Educación

V Congreso de Software Libre e Foro libre para Educación

Imaxe
V Congreso de Software Libre
Corpo

A Plataforma Estatal de Asociacións de Profesorado de Tecnoloxía, informa de que aceptaron a solicitude recibida do Instituto Nacional de Evaluación Educativa ( INEE) do Ministerio de Educación para "colaborar cos grupos de expertos que se constituirán en relación á elaboración dos materiais necesarios para as avaliacións finais de Educación Secundaria Obligatoria e Bacharelato , que se realizarán ao remate do curso 2016/17 nas materias da ESO: Tecnoloxías e Tecnoloxías da Información e de Bacharaleto: Tecnoloxías da Información e Comunicación II, Tecnoloxía Industrial II, Imaxe e Son e Debuxo Técnico II".

 

Petición do INEE á PEAPT para a elaboración de materiais das "reválidas"

Imaxe
INEE
Corpo

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - SÁBADO 28 DE MAIO DE 2016 - 15:00/15:30


Convócanse a todos os soci@s de APETEGA a unha xuntaza ordinaria da asemblea que terá lugar o  sábado 28 de maio de 2016, no Hotel Colon-Tuy de Tui, ás 15:00 en primeira convocatoria e ás 15:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte ORDE DO DÍA:

1. Lectura e aprobación das actas das sesións anteriores

2. Aprobación das contas do último exercicio.

3. Organización das XVI Xornadas de Tecnoloxía e/ou das VI Xornadas Monográficas

4. Informes da Xunta Directiva

5. Rogos e preguntas.

 

Atentamente,

A Xunta Directiva

ANEXOS:

Ligazón ás actas nº52, 53 e 54, pendentes de aprobar.

COPIA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - 28 de maio 2016

Asemblea Ordinaria de Apetega en Tui

Imaxe
Convocatoria asamblea
Corpo

A Asamblea de Apetega do pasado 13 de maio, aprobou a sinatura dun convenio de colaboración coa Universidade de A Coruña. O acordo implica que Apetega terá a sede social na Facultade de Informática da Universidade de A Coruña.

Convenio coa Universidade de A Coruña

Imaxe
Universidade de A Coruña
Corpo

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA - VENRES 13 DE MAIO DE 2016 - 16:30/17:00


Segundo o recollido no artigo 13 dos estatutos de APETEGA  a presidenta anula a convocatoria extraordinaria da ASEMBLEA de socios do 6 de maio de 2016 e convoca de novo aos socios a unha xuntanta, que terá lugar o vindeiro día 13 de maio de 2016 ás 16:30 horas en primeira convocatoria e media hora despois en segunda convocatoria, no salón de actos dos IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa seguinte ORDE DO DÍA:

  1. Propostas e elección da sede social de Apetega.

  2. Propostas e enmendas de reforma dos Estatutos para a súa adaptación á lei 1/2002 do 22 de marzo. Aprobación, se procede, do texto final.

  3. Implantación da LOMCE no curso 2016/17 na ESO e bacharelato.

  4. Informes da Xunta Directiva

  5. Informe sobre as XV Xornadas de Tecnoloxía de Galicia

ANEXOS:

Proposta de modificación dos estatutos de APETEGA

Proposta de documento sobre a implantación da LOMCE no curso 2016/2017

Convocatoria en PDF

Cambio de data na Asemblea de Apetega

Imaxe
Asamblea Extraordinaria
Corpo

O pasado 21 de abril, tivo lugar na DOMUS (A Coruña) a II Edición do Concurso de Segueliñas, no que participaron 13 equipos de estudantes de segundo ciclo da ESO e bacharelato.

O concurso, patrocinado por APETEGA,  puntúa para a Liga Nacional de Robótica de Competición, e encádrase dentro da feira de tecnoloxía aberta OSHWDem (organizada por BricoLabs e Museos Científicos Coruñeses (=mc2)).

 

 

 

II Edición do concurso de Robótica na DOMUS

Imaxe
II concurso de Robótica