Corpo

Os vindeiros 13 e 14 de marzo terán lugar no IES Francisco Daviña Rey as XXII Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA.

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

Cartel XXI Xornadas

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XXII XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES Francisco Daviña Rey o 13 e 14 de Marzo de 2026. 

EsquFrecha FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XXII XORNADAS CereFrecha

UP arrow

Prazo de inscrición: dende o 11 de Febreiro ás 22:00 ata o 4 de Marzo ás 22.00 h

 

DÍPTICO DAS XORNADAS

 

OBXECTIVOS

  • Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
  • Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IoT, etc.
  • Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público. 

CONTIDOS

  • Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a
    práctica docente na área.
  • Maker Maxia, utilización da impresora 3D e da cortadora láser na elaboración de proxectos de
    estruturas e mecanismos.
  • Domótica (ecosistema Matter), ciberseguridade (técnicas OSINT), MicroPython, Micro:Bit
    (observatorio de Eclipses), EchidnaShield (práctica con Learming ML).
  • Ferramentas IA (NotebookLM, Gamma, GPT4ALL, n8n...), creación de ChatBots educativos, a IA
    nos xogos de mesa (Go, Cotadrez).

METODOLOXÍA

  • Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos. 

IMPORTANTE

  • Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc. 
  • Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas. 
  • Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización. 
  • Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas (https://www.apetega.gal/gl/novas/2026/xxii-xornadas-de-tecnoloxia).
  • O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude dixital

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.

  • Número de prazas: 120
  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
  • Prazo de inscrición: dende o 11 de Febreiro ás 22:00 ata o 4 de Marzo ás 22.00 h.
  • Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
  • Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
  • Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

Programa_XXIIxornadas

 

XXII XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imaxe
XXII XORNADAS DE TECNOLOXÍA
Corpo

Os vindeiros 21 e 22 de marzo terán lugar no IES San Rosendo as XXI Xornadas de Tecnoloxía organizadas pola APETEGA.

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

Cartel XXI Xornadas

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XXI XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES Plurilingüe San Rosendo o 21 e 22 de Marzo de 2025. 

EsquFrecha FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XXI XORNADAS CereFrecha

UP arrow

Prazo de inscrición: ata o 18 de Marzo ás 22.00 h

 

DÍPTICO DAS XORNADAS

 

LISTADO DE ALOXAMENTOS EN MONDOÑEDO PARA AS XORNADAS

 

OBXECTIVOS

  • Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía.
  • Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IoT, etc.
  • Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público. 

CONTIDOS

  • Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área. Exposición e posta en común do proxecto cREAgal.
  • Cortadora láser, deseño 3D con Onshape, animación 3D con Blender, arquitectura bioclimática, ...
  • Circuítos electrónicos, montaxe de circuítos pneumáticos controlados por PLC, manexo do simulador "Cade Simu", drons...
  • As redes sociais no Fediverso, IA (impacto da IA na sociedade, creación de Axentes Intelixentes, aplicacións prácticas da IA na educación), IoT, Raspberry Pi, MQTT, Node-RED...

METODOLOXÍA

  • Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos. 

IMPORTANTE

  • Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc. 
  • Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas. 
  • Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización. 
  • Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas (https://www.apetega.gal/gl/novas/2025/xxi-xornadas-de-tecnoloxia).
  • O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude dixital

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.

  • Número de prazas: 120
  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
  • Prazo de inscrición: dende o 18 febreiro ás 22:00 h ata o 18 de marzo ás 22:00 h.
  • Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
  • Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
  • Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

 

XXI XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imaxe
XXI XORNADAS DE TECNOLOXÍA
Corpo

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, APETEGA, comprácese en convidarvos a participar das XX XORNADAS DE TECNOLOXÍA DE GALICIA a celebrar no IES de A Illa de Arousa o 12 e 13 de Abril de 2024. 

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas.

 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN NAS XX XORNADAS

Prazo de inscrición: ata o 3 de Abril ás 22.00 h

 

 

OBXECTIVOS

  • Intercambio e divulgación de experiencias didácticas, material de aula e proxectos relacionados coa área de Tecnoloxía. 
  • Iniciación e afondamento práctico nos distintos ámbitos da área de Tecnoloxía: materiais, electrónica, domótica, IOT, etc. 
  • Aumento da intercomunicación educativa para a mellora na calidade do ensino público. 

CONTIDOS

  • Técnicas didácticas de aplicación práctica na aula-obradoiro. Experiencias innovadoras para a práctica docente na área.
  • IA, cortadora láser, textil, IoT, ciberseguridade, audiovisual, python, MQTT, nodeRED...
  • mbot2, ESP32, Raspberry, Chroma, máquina de coser, microbit, narrativa audiovisual, arquitectura bioclimática...

METODOLOXÍA

  • Obradoiros prácticos, comunicacións e exposición de proxectos. 

IMPORTANTE

  • Calquera pode participar impartindo obradoiros, facendo unha comunicación, traendo proxectos para expoñer, etc. 
  • Está solicitada a homologación das Xornadas á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria por un total de 12 horas. 
  • Agradecemos a inscrición con antelación coa fin de facilitar a organización. 
  • Colgarase información detallada de utilidade na web de APETEGA, na sección sobre as Xornadas ( https://www.apetega.gal/gl/novas/2024/xx-xornadas-de-tecnoloxía).
  • O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Para calquera dúbida ou suxestión, escribir a asociacionapetega@gmail.com.

  • Número de prazas: 120
  • Criterios de selección: por orde de inscrición, dando preferencia aos socios de APETEGA.
  • Prazo de inscrición: dende o 11 marzo ás 20:00 h ata o 24 de marzo ás 22:00 h.
  • Esta actividade é gratuíta para os socios de APETEGA.
  • Para os non socios a cota de inscrición é de 60 €, polo que ademais da inscrición on-line deberán facer o ingreso na conta de APETEGA e presentar o xustificante de dito ingreso ao comezo da Xornada.
  • Conta APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

programa xx xornadas revisado

 

XX XORNADAS DE TECNOLOXÍA

Imaxe
cartel