XVI Xornadas de Tecnoloxía

cartaz

                             Cartaz en pdf                                                             

Os vindeiros 21 e 22 de abril, terán lugar no IES Xesús Taboada Chivite de Verín as XVI Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí.

Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas. O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude

Inscrición:

As cotas de inscrición son:

  • Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)
  • Non socios/as: 60 euros

AVISO:  No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.

O procedemento de inscrición é o seguinte:

  1. Completar este formulario do 3 ao 17 de abril de 2017.
  2. Segundo corresponda, facer o ingreso na conta de ABANCA nº  ES87 2080 51 41333040007346 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.

Outras actividades ao redor das XVI Xornadas:

  1. Venres, 21 de abril, pola mañá: visita á Bodega Crego e Monaguillo, en horario de 11:00h a 13:00h.

    Localización: Salgueira de Monterrey (Ourense)

  2. Sábado, 22 de abril: 16:00 h a 16:30h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA)

 

Información complementaria:

1.- Localización e contacto co instituto:

O IES Xesús Taboada Chivite atópase en Verín, na rúa Avenida de Portugal 116. Achegamos o seu mapa de localización e un enderezo electrónico do centro educativo.

Aviso importante: NON é o 1º instituto que se ve entrando dende a Autovía (saída 173) . Está entrando xa en Verín, e ao lado doutro instituto (IES García Barbón)

2.- Aloxamento:

3.- Xantar, venres 21 de abril:

       Parrillada A Lousa que conta cun menú do día variado (en torno a 11 €) e que está próximo ao instituto (andando a ritmo tranquilo leva uns 10 minutos).

4.- Cea, venres 21 de abril:

       Tapeo ou cea lixeira nun dos restaurantes da vila (10-15€), segundo o número de inscritos suxerimos alí ou con antelación concertamos un sitio. En xeral, Verín conta cun gran abano de restaurantes cunha relación calidade-prezo moi aceptable.

5.- Xantar, sábado 22 de abril: (20€) , no restaurante Brasil.

Menú: 1os: Tosta de xamón + ensalada Monterrei + Zamburiñas salteadas con verduras e gambas.

2o: a elixir entre 2 carnes e 2 pescados (chuletón / cabrito/ rodaballo/ bacallau).

Sobremesa, Viños D.O. Monterrei, e café.

Benvido/a ao sitio web de APETEGA

.