Que é APETEGA?

APETEGA é a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro -inscrita co número 2017/021310-1ª no Rexistro Xeral de Asociacións- que se adica a promocionar o ensino da área de Tecnoloxía no sistema educativo e a programar actividades de formación, divulgación, etc.

A xeito de resumo, ser socio/a supón:

  • O dereito a asistir, opinar e votar en todas as asembleas que celebre a Asociación.
  • A inscrición gratuíta nas actividades de formación que realice anualmente a asociación (Xornadas Monográficas, Xornadas de Tecnoloxía de Galicia, cursos online na aula virtual, visitas didácticas, etc).
  • O dereito a solicitar en préstamo o material para prácticas de taller existente na Asociación.
  • A opción de formar parte dunha rolda de correo de asociad@s para consultas, dúbidas, opinións, preguntas, acerca de calquera tema relacionado co ensino, a tecnoloxía, as tics, etc.
  • O acceso a unha zona deste sitio web restrinxida a socios/as logo do correspondente rexistro

Quen pode asociarse?

Calquera persoa maior de 14 anos que non teña débedas coa Asociación.

Cotas

  • Cota de alta: 70 € (válida soamente para manter a condición de socio/a desde a data de ingreso ata o 31 de decembro dese mesmo ano natural).
  • Renovación automática - salvo ter recibido a solicitude de baixa voluntaria- por cada ano natural, con independencia da data de alta: 30 €.

Formas de pago

 Os pagos so se poden facer por domiciliación bancaria, enviando a autorización asinada por calquera destas vías:

  • Por correo postal, ao Apartado de Correos nº142, CP.15.702. Santiago de Compostela.
  • Asinado con certificado dixital, a contacto@apetega.gal

Como asociarse?

Para asociarse é necesario:

  • Cubrir o formulario de inscrición por vía telemática.

  • Ingresar 70 € na conta de APETEGA: ES14 3070 0021 7561 9418 8329 (Caixa Rural)

  • Remitir o resgardo do ingreso por correo electrónico a  contacto@apetega.gal ou por correo postal ao Apartado de Correos nº142, 15.702-Santiago de Compostela.

  • Enviar a autorización de domiciliación bancaria asinada, para a seguinte renovación anual. Envío por correo postal ao Apartado de Correos nº142, 15.702-Santiago de Compostela ou, con sinatura con certificado dixital, a contacto @ apetega.gal.

Como darse de baixa?

  • Cubrindo este formulario ou enviando a solicitude de baixa ao apartado de correos nº 142 de Santiago de Compostela.

Para exercer o dereito de supresión de datos segundo o recollido no artigo 18 do Regulamento UE 2016/679 é necesario enviar este documento asinado ao apartado de correos nº 142 de Santiago de Compostela.