Arduino Day Lugo 2019

Enviado por administrador el Dom, 10/03/2019 - 20:07

Organizado por MakersLugo , este será o sexto ano consecutivo , en Lugo. Unímonos á celebración conxunta a nivel mundial do Arduino Day. Será un evento aberto e para tódolos públicos, o sábado 6 de Abril. Decidindo esta data, para non coincidir con outros Arduino Day de España. Apoiados polo Concello de Lugo, co espacio no CEI-Nodus.

Xuntarémonos con máis  makers. Ven a charlar con eles.  Expoñeremos cacharros. Ven a coller ideas ou a expoñer as túas. ¿Queres aprender? Faremos talleres. ¿Non tes idea de que vai isto? Pásate a descubrir o mundo aberto de Arduino e os seus efectos,  e sobre todo a coñecer a comunidade tecnolóxica, educativa, industrial, artística,… que medra ó redor  compartindo os coñecementos tecnolóxicos.