XVII XORNADAS DE TECNOLOXÍA
Os vindeiros 13 e 14 de abril terán lugar no IES Lamas de Abade de Santiago de compostela as XVII Xornadas de Tecnoloxía organizadas por APETEGA; o programa das xornadas podes atopalo aquí: programa.pdf
Este curso, que oferta 120 prazas dirixidas principalmente ao profesorado de educación secundaria e bacharelato, será homologado pola Consellería de Educación como actividade de formación do profesorado por un total de 12 horas (Resolución e código do curso: X1702111).
O profesorado dependente da Consellería de Educación, en virtude da Orde do 29 de xaneiro de 2016, pode a través da dirección do centro solicitar á xefatura territorial autorización para asistir entregando esta solicitude.
Inscrición:
Nota: Consulta por favor o programa das xornadas antes de formalizar a túa inscrición; hai obradoiros nos que se precisa que os asistentes leven portátil e nalgúns casos outro material enviado aos centros de ensino.
As cotas de inscrición son:
-
Socios/as: Gratis (en caso de non ter domiciliado o pago da cota de renovación, a cota a pagar é de 30 €)
-
Non socios/as: 60 euros (50% de redución desempregados e estudantes)
AVISO: No caso de ter perdida a condición de asociado -por impago das cotas por un período superior a dous anos- ou no caso de querer pertencer á APETEGA, débese consultar a información relativa a altas no apartado "asociación" desta páxina.
O procedemento de inscrición é o seguinte:
-
Completar este formulario do 15 de marzo ao 7 de abril de 2018 (utilizar o correo de gmail).
-
Segundo corresponda, facer o ingreso da cota de inscrición na conta de Caixa Rural nº ES14 3070 0021 7561 9418 8329 e enviar copia do comprobante de pago ao correo electrónico de APETEGA ou entregar o comprobante en man no momento da presentación nas xornadas.
-
As persoas inscritas serán matriculadas no curso XVII Xornadas de Tecnoloxía de Galicia da aula virtual apetega.gal/aula (tódolos socios de Apetega xa teñen conta de usuario). Cada asistente fará a escolla online dos obradoiros aos que asistirá, desde as 21:00 horas do 12 de abril ata as 17:00 h do 13 de abril de 2018.
Outras actividades ao redor das XVII Xornadas:
-
Venres, 13 de abril, pola mañá: visita o edificio CiTIUS, en horario de 12:00h a 13:00h.
Localización: Rúa de Jenaro de la Fuente Domínguez, s/n. Campus Sur da USC.
-
Sábado, 14 de abril: 11:30 h a 12:30h, Asemblea Ordinaria de APETEGA (socios da APETEGA) no IES Lamas de Abade.
Información complementaria:
1.- Localización e contacto co instituto:
O IES Lamas de Abade atópase en Santiago de Compostela, Rúa da Raiola, 8, 15702 Santiago de Compostela, A Coruña. Teléfono: 881 86 66 11. Localización.
2.- Localización do Auditorio Edificio Cersia. R/ Alcalde Raimundo López Pol, s/n. Edificio CERSIA
Neste auditorio serán as actividades do 13 de abril.
3.- Comidas
Nota:
- para a cea e xantar hai que facer a reserva ingresando o importe correspondente na conta da APETEGA (Caixa Rural nº ES14 3070 0021 7561 9418 8329) e indicar no xustificante de ingreso o nome, apelidos e DNI. O último día para facer o ingreso é o 7 de abril.
- despois de facer o pago hai que escoller no formulario de inscrición a comida e adxuntar o xustificante de ingreso.
Cea, venres 13 de abril:
Restaurante Xantares, no Franco.
Menú:
Chipiróns á grella con redución de módena
Gambón á grella
Escoller: Robaliza ó forno ou xarrete estofado
Ribeiro e Rioja
Sobremesa
Café e chupitos
Prezo: 20€
Xantar, sábado 14 de abril:
Cafetería do IES Lamas de Abade
Menú:
Aperitivos
Empanada galega de atún
Bouquet de queixo con anchoa e mazá
Brick de langostinos con verduras
Croquetas caseiras de xamón
Prato principal (escoller carne ou peixe)
Carrilleira de tenreira con pataca asada ó romero
ou
Bomba de pescada rechea de cogumelos e vieiras
Sobremesa
Mouse de queixo con coulís de froitos do bosque
Adega
Albariño ou Mencía, Cervexa, Auga e refrescos.
Prezo: 25€