Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil- Tablet

A Universidade de Santiago de Compostela, baixo o financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), convoca o Campionato Internacional de Modelado 3D de Precisión co teu Móbil- Tablet: “d3 mobile.es Metrology World League”.

O campionato conta co patrocinio da UNESCO, que representa o nivel máis exclusivo de apoio desta Organización e que é outorgado a aqueles proxectos que contan con importancia para os programas e obxectivos estratéxicos da UNESCO.

A extracción de información métrica 3D precisa e eficaz da nosa contorna resulta clave para o seu correcto estudo e é neste punto onde a fotogrametría preséntase como unha opción de grande interese. Mediante este desafío preténdese achegar aos mozos os novos métodos de medición emerxentes, nos que é posible empregar instrumental tan familiar para eles como o seu propio móbil- tablet. O campionato desenvolverase a través da Web http://www.d3 mobile.es/ .