AprendeProgramando

Enviado por administrador el Mar, 01/10/2019 - 00:24

AprendeProgramando é un proxecto educativo desenvolto pola Asociación Programo Ergo Sum destinado a calquera persoa que queira penetrarse no mundo da programación informática dunha forma diferente. Consiste nun asistente guiado para aprender a programar en diferentes linguaxes de programación Blockly, Python ou JavaScript, ao mesmo tempo que se propoñen retos de matemáticas, física e tecnoloxía.